Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Autonomía universitaria e recortes

A Xunta de Galiza decidiu que nos orzamentos de 2013 recortará, un ano máis, aos seus traballadores e traballadoras unha parte importante dos seus salarios. Nese recorte contémplanos aos traballadores e traballadoras das universidades públicas de Galiza..

 

  • Noticias relacionadas

 

Os recortes que, se non o evitamos, aprobará o Parlamento Galego para o vindeiro deixaranos en peor situación que os traballadores e traballadoras doutras administracións.
 
Cómo concilia esta circunstancia o Reitorado da nosa institución cando nos Estatutos da Universidade da Coruña contemplan, no seu artigo 99:
 
Artigo 99º
 
1. O persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña será retribuído con cargo ao seu orzamento.
 
2. En calquera caso, as retribucións básicas e complementarias non poderán ser inferiores na súa contía ás previstas para os diversos corpos e escalas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutras administracións. Os niveis dos postos de traballo non poderán ser inferiores a outros iguais ou similares da Comunidade Autónoma ou doutras administracións.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript