Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PARO
 

Galiza, baixan significativamente as afiliacións á Seguridade Social

Publicouse na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013 - Na Galiza baixan significativamente as afiliacións á Seguridade Social, mentres que a media do Estado aumenta.

 

  • Noticias relacionadas

 

O número medio de afiliacións [*] ao Sistema da Seguridade Social en Galiza durante o mes de outubro deste ano acadou a cifra de 921.332 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao mes de setembro de 2013 de 4.523 afiliacións (un -0,49%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.360.373, rexistrando un aumento do 0,34% con respecto ao pasado mes de setembro.
 
Na comparativa interanual (outubro de 2013 con outubro de 2012) obsérvase un descenso de 23.741 afiliacións no total do sistema en Galiza; en termos relativos a caída foi do 2,51%, superior á diminución do 2,25% (376.354 afiliacións) rexistrada no conxunto estatal.
 
Fonte: INFORME SOBRE AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL (En formato pdf - 6 páxinas)| Afiliacións medias outubro 2013 | Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013 | Instituto Galego de Estatística.
 
[*] O Ministerio de Traballo e Inmigración dende o informe de xullo de 2008 tan só publica os datos de afiliación media do mes por
considerala máis estable que a cifra do último día do mes e reflectir mellor como foi a afiliación no conxunto do mes.
 
---
Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
Twitter: https://twitter.com/#IGE_Estatistica
Facebook: http://www.facebook.com/INSTITUTOGALEGOESTATISTICA
web: http://www.ige.eu
 
Enviado por:
IGE Novidades
-ige.novidades@ige.eu-
5 de novembro de 2013 10:41
Recollido de Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript