Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  CATALUNYA . REPRESIÓN
 

CiU, ERC e o PP impiden a retirada de todos os proxectís dos Mossos

Este venres finalizou a comisión parlamentaria que debía abordar a utilización das balas de goma por parte dos Mossos d'Esquadra. Como xa se coñeceu o mércores tras o acordo alcanzado por Esquerra Republicana (ERC) e Convergència i Unió (CiU), as balas de goma deixaranse de utilizar a partir do 30 de abril do próximo ano. A resolución aprobada finalmente prevé tamén indemnizacións para as vítimas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os dous partidos, co apoio tamén do PP, rexeitaron unha proposta que instaba a eliminar do armamento dos Mossos todo tipo de proxectís, é dicir, tamén os de foam que se introduciu a partir de 2011. ICV-EUiA, PSC e a CUP votaron a favor de suprimir todos os proxectís, os de caucho (balas de goma) pero tamén os de viscoelástica, ademais do instrumental utilizado para disparalos. Ciutadans abstívose.
 
O acordo entre ERC i CiU tamén o apoio dos republicanos á continuidade como director xeral da policía catalá de Manel Prat, moi cuestionado pola súa xestión de casos como o de Ester Quintana ou, máis recentemente, a morte dun home no barrio do Raval de Barcelona tras unha detención policial. Ambas as dúas formacións quedáronse soas no grupo do non durante a votación que emprazaba o Parlament a "reprobar a xestión de Manel Prat no caso Ester Quintana e instar ao seu cesamento" inmediato.

Un dos representantes de CiU na comisión, o deputado Lluís Guinó, negou non obstante que se producise un cambio de cromos: balas de goma pola cabeza de Prat. "Non" houbo "pacto. Simplemente coincidiron os feitos do Raval coa finalización da comisión das balas de goma", sentenciou.
 
ICV-EUiA critica o "cambio de cromos"
 
Minutos antes, o deputado de ICV-EUiA Jaume Bosch afeaba aos dous grupos "a imaxe de cambio de cromos" que resultou das negociacións e recordaba que o propio Manel Prat declarou estes días que se vira sometido a unha chantaxe. "Queremos a prohibición das balas de goma e o cesamento de Prat, que non debe ser a cambio de nada", sentenciou Bosch.
 
O grupo de Ciutadans, por medio do deputado Matías Alonso, secundou a moción que implica a retirada das balas de goma o ano que vén, aínda que manifestou algúns "reparos". Ciutadans está de acordo coa supresión das balas de goma "mentres se manteñan ferramentas policiais robustas que permitan á Brigada Móbil actuar mantendo a distancia".
 
Pere Calbó, por parte do Partido Popular catalán, criticou a supresión deste controvertido armamento alegando que non se presentou unha opción alternativa: "Vostedes non modifican un modelo de seguridade e orde público, simplemente se cargan un modelo". "Non queremos unha decisión política sen unha análise previa", sostivo Calbó, que cargou contra a "mossofobia" que, segundo el, se xerou en contra do corpo policial.
 
A CUP vota por disolver a Brimo
 
A CUP foi o único grupo parlamentario que votou a favor da disolución da Brigada Móbil (Brimo), a unidade antidisturbios dos Mossos. O deputado David Fernández considerou unha "falta de respecto" que a Brimo facilitase os seus protocolos de actuación tan só tres días antes de que finalizase a comisión, e subliñou o "profundo cinismo" á hora de abordar o modelo de orde público. "Quen disparou as balas de goma son as ordes dos políticos", recordou.
 
Ademais, Fernández sinalou que os responsables policiais que desfilaron durante estes días pola comisión recoñeceron que os casos de alteracións graves da orde pública son moi puntuais, e citou tres: a celebración da Liga de Campións conseguida polo F.C. Barcelona en 2011, a do Mundial de fútbol de 2012, e as cargas policiais na acampada da praza de Catalunya en maio de 2011.
 
" Que consecuencias xudiciais tiveron? ", preguntouse Fernández, quen recordou que mentres as celebracións por éxitos deportivos se saldaron con escasas multas para algúns dos causantes dos disturbios, entre eles "o fillo dun presidente da Generalitat", e as cargas policiais na praza de Catalunya cun simple procedemento xudicial por un dos 121 feridos, "a criminalización da disidencia política e social levou consigo a equiparación co terrorismo no Código Penal".
 
La Marea

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript