Número 207- 11 de novembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADE - PERSOAL LABORAL

Sentenza paga extra de decembro 2012

    Pos si, hai sentenza no Conflito Colectivo interposto contra o roubo da paga extra de decembro de 2012, o TSXG ditamina que se nos ten que devolver a parte correspondente entre o 01/01/2012 e o 14/07/2012. Lástima que os sesudos servizos xurídicos dos sindicatos máis importantes do país non referenciasen a demanda xa non dicimos á instrución emitida pola Xerencia e que levaba a efecto o roubo da paga extra senón á Lei 9/2012 de 09/08/2012 que foi a que se nos aplicou e que, aparecendo así na demanda, daría como resultado a percepción de practicamente un mes máis.

UNIVERSIDADE - PERSOAL LABORAL

    Por moito que estes días pasados parte dos sindicatos que aínda forman parte do Comité de Empresa emitiran comunicados nos que se autofelicitaban da consecución dunha serie de obxectivos e daban por sentados outros tantos, haberá que, como mínimo, relativizar tanto entusiasmo.

LINGUA

    Somos un país conquistado e, como tal, o noso dereito a vivirmos na nosa propia lingua énos conculcado cada día mediante a imposición, acelerada nestes anos do feijoato, dunha lingua estranxeira introducida no noso país pola forza: o español.

LOITA OBREIRA

    Ás 11.30 horas da mañá do xoves, cando se cumpriron 129 días de encerro na fábrica de T-Solar, no polígono de San Cibrao das Viñas, levouse a cabo o levantamento do peche. Despois dun proceso asemblear, as traballadoras e traballadores en loita decidiron marcar na súa axenda novos obxectivos sindicais, ao tempo que cualificaron como un éxito o peche, tanto pola súa firmeza, como pola efectividade á hora de paralizar o desmantelamento da fábrica de paneis solares.

SANIDADE PÚBLICA

    O día 8, convocados pola Iniciativa galega pola gratuidade da sanidade realizáronse concentracións nas cidades e vilas de Galiza contra o repago sanitario. Nas concentracións informouse da convocatoria dunha manifestación nacional para o vindeiro día 17 e leuse o comunicado que vos xuntamos.

PARO

    Publicouse na web do IGE o Informe sobre as afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de outubro de 2013 - Na Galiza baixan significativamente as afiliacións á Seguridade Social, mentres que a media do Estado aumenta.

CATALUNYA . REPRESIÓN

    Este venres finalizou a comisión parlamentaria que debía abordar a utilización das balas de goma por parte dos Mossos d'Esquadra. Como xa se coñeceu o mércores tras o acordo alcanzado por Esquerra Republicana (ERC) e Convergència i Unió (CiU), as balas de goma deixaranse de utilizar a partir do 30 de abril do próximo ano. A resolución aprobada finalmente prevé tamén indemnizacións para as vítimas.

GESTHA

    Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) estiman que o Estado Español perde 79.000 millóns de euros ao ano pola súa menor presión fiscal en comparación coa media ponderada dos países da UE-27, especialmente polo que deixa de recadar no Imposto do IVE e do IRPF, que representan o 70% do total de ingresos.

XENOCIDIO EN GUATEMALA

    "Se non vos ides pódevos pasar algo. Tede coidado, os que me mandan son mala xente, a min fixéronme isto", dixo un home, mentres sinalaba unha cicatriz duns 40 cm que tiña no abdome, a JTM e CP, iniciais de dous observadores de dereitos humanos, un español e outro alemán, que se encontraban no municipio de Barillas, Guatemala, o pasado 13 de maio.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    No meu barrio hai unha xoiaría pola que paso a diario. Dende hai semanas o escaparate está cuberto cunha enorme pancarta que anuncia: "Liquidación total. Pechamos por atraco". En efecto, hai meses sufriron un roubo do que non puideron recuperarse, e que os leva a baixar a persiana tras vender o que poidan.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    A Xunta de Galiza decidiu que nos orzamentos de 2013 recortará, un ano máis, aos seus traballadores e traballadoras unha parte importante dos seus salarios. Nese recorte contémplanos aos traballadores e traballadoras das universidades públicas de Galiza.
 SINDICALISMO
    Como xa temos adiantado, o luns celebrouse en Xixón unha xuntanza de varias organizacións sindicais convocadas SAT de cara á convocatoria da “Marcha da Dignidade” a Madrid do vindeiro 22 de marzo. Estiveron presentes todas as organizacións convidadas. De Euskal Herria, ELA, LAB e ESK; de Galicia CUT e CIG, a IAC de Catalunya, a CSI de Asturias e, loxicamente, propio o SAT de Andaluz.
 PECHAN A RADIOTELEVISIÓ VALENCIANA (RTVV)
    O Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG manifesta a súa total solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radiotelevisió Valenciana (RTVV) e o seu rotundo rexeitamento ao anuncio da Generalitat de pechar un servizo público concibido para satisfacer o dereito constitucional á información e a defensa da identidade cultural e lingüística dos pobos do Estado español.
 LOITA OBREIRA
    A empresa xa rexeitara a mediación vinculante solicitada polos traballadores, agora aducindo que a arbitraxe que a AGA xa admitiu a trámite sería ilegal poñendo en cuestión, deste xeito a propia legalidade do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos de Traballo (AGA).
 MADRID - MAREAS
    Novembro e decembro serán meses de mobilización para as mareas en defensa dos servizos públicos. A que abrirá o camiño será a marea verde do próximo 20 de novembro, que, xunto aos diferentes colectivos en defensa da Educación pública, sairá á rúa nunha nova "xornada de loita", o que será un novo paso tras a folga do mes pasado. Ese mesmo día, os estudantes convocaron ademais un parón de 24 horas.
 TVE
    O Consello Xeral do Traballo Social denuncia como o formato contradí o seu Código Deontolóxico e promove a substitución dos dereitos sociais pola caridade, sen respectar a dignidade das persoas.
 INTERNACIONAL
    Nunha nova medida de loita, os traballadores públicos de Chile iniciaron o xoves unha folga de 48 horas, convocada pola Mesa do Sector Público que nuclea a catorce gremios.
 LINGUA - XOSÉ HENRIQUE COSTAS
    Si, así di o locutor dunha cuña publicitaria en galego que se emite estes días nas emisoras radiofónicas do país. Escóitase unha voz dun home novo que di de entrada sonunemprendedor con dous enes alveolares rechamantísimos que estoupan coa violencia de dous petardazos fonéticos nos oídos de todos os galegos e galegas que o escoitamos. E máis adiante, na mesma cuña, volve repetir sonemprendedor para remachar o cravo e por se non queriamos caldo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      A ÚNICA DIFERENZA ENTRE O NO-DO E CANAL 9 É QUE O PRIMEIRO ERA EN BRANCO E NEGRO

       
        A CÚPULA DO PP OBRIGA A WERT A RECTIFICAR SOBRE AS BOLSAS ERASMUS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript