11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Comité, sempre hai espazo para as felicitacións
No Comité de Empresa pasamos de ter unha representación de saldo (a presidencia tiña 7 representantes e pasou a tela un sindicato con 2 representantes) a unha representación de liquidación (de 2 representantes pasaremos a 1). Uns dimiten porque non asinan a RPT, outros cesan polo Convenio. Aínda así, e aí está o gracioso, hai espazo para as felicitacións.
Para case todos o importante é escapar do colectivo laboral, algúns xa deron o paso para conseguilo, os do Comité os primeiros. Entre o sálvese o que poida e os mundos de Yupi (polo ben que din que vai todo), téñennos nun sen vivir.

Espabilamos?
Desexei sempre que os xornais reservasen un espazo onde se discutise sobre os cambios estruturais que precisa o país e o estado.
Nesa sección iriamos anotando, baixo a nosa opinión, o porqué todo vai tan mal.
Non hai verdadeira xustiza, porque o poder político a ten agarrada polos pelos e sodomízaa (se así mais ou menos o vexo eu).
Non hai verdadeira democracia porque o políticos se arrogan o dereito a intermediar e cobrar unha alto comisión.
Os monopolios espremen os cidadáns de xeito impúdico sen maior control por parte dos gobernos (banca, electricidade, auga, etc.).
Así podería seguir por horas e horas.....
Pero hai algo que nos debe encher de esperanzas e é que estas cousas non as podía falar antes co veciño porque me acusaba de cansiño e agora é el quen me pide a opinión.
O que quero dicir é que antes todos nola dabamos de clase media e agora sabemos que non chegamos a media clase!. Agora xa podemos empezar a limpar a casa!

Intervir sobre o concreto
Eles, os miserentos explotadores, dispoñen de moitos medios, de moitos traballando ao seu servizo de formas diversas, con grandes altofalantes emitindo consignas cun profundo pouso ideolóxico que, de xeito inconsciente, nos van penetrando, de tempo, de visión a longo prazo.....de hexemonía en definitiva. E no outro lado estamos case a empezar despois dun longo letargo maioritario e os nosos medios son limitados. Para min, nestes momentos, STOP desafiuzamentos e o SAT entre outros marcan o camiño do que é urxente: intervir sobre o máis concreto de xeito visible e efectivo. E poñelo de relevo. Si se fai visible a efectividade da loita, rematarase facendo visible o vínculo entre esta e outras reivindicacións e proxectos de carácter máis xeral. Pero non vexo outro instrumento de o enganche masivo.

O momento do cambio
Eu do que estou segura é de que o verdadeiro cambio producirase no momento en que realmente os máis débiles e en peor situación superen aos que aínda poden "ir tirando aínda que sexa con axuda", os que acaben facendo traballos en negro porque ao fín e ao cabo todos nos rouban e por iso se estende a minicorrupción, como os minijobs. ESE será o momento.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript