Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  GESTHA
 

Se o Estado Español aplicase unha política fiscal equivalente á media europea, recadaría 79.000 millóns anuais máis

Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) estiman que o Estado Español perde 79.000 millóns de euros ao ano pola súa menor presión fiscal en comparación coa media ponderada dos países da UE-27, especialmente polo que deixa de recadar no Imposto do IVE e do IRPF, que representan o 70% do total de ingresos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Gestha atribúe esta falta de eficiencia á alta taxa de evasión fiscal, que se acentúa en época de crise, así como a unha loita contra a fraude "desenfocada" e máis centrada en investigar pequenas fraudes, en lugar da evasión realizada polas grandes empresas, o que impide sacar a tributos como o Imposto sobre Sociedades e o IVE todo o seu potencial.
 
Por outro lado, detecta tamén unha perda de ingresos similar no IRPF, que deixa de recadar 18.125 millóns ao ano polo elevado nivel de desemprego, a perda de poder adquisitivo e a alta taxa de economía somerxida, que rolda o 23,3% do PIB, uns 245.000 millóns.
 
REFORMAS EN PROFUNDIDADE
 
En calquera caso, cren que o ´gap ´ de ingresos está máis relacionado co deficiente sistema tributario español que cos efectos da crise. De feito, comparando a presión fiscal de España e a media dos países da UE-27, confírmase que esta brecha xa existía antes do estalido da crise, posto que en 2007 o diferencial superaba os 20.000 millóns, equivalente a dous puntos do PIB.
 
Por este motivo, reclaman ao Executivo que reforme en profundidade as competencias e responsabilidades do Ministerio de Facenda e da Axencia Tributaria e que lidere unha loita contra a economía somerxida máis ambiciosa a sabendas de que os resultados das actuacións de control do último ano e medio (xaneiro de 2012 a xuño de 2013) supoñen só un 19,3% da evasión anual.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript