Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Folga de traballadores do sector público en Chile

Nunha nova medida de loita, os traballadores públicos de Chile iniciaron o xoves unha folga de 48 horas, convocada pola Mesa do Sector Público que nuclea a catorce gremios.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Máis dun 90 por cento dos traballadores paralizaron hoxe ao longo de todo o país, e de todos os sectores centralizados e descentralizados, e dos sectores que compoñen a administración pública, administración central, saúde, educación, universidades," destacaron dende a Agrupación Nacional de Empregados Fiscais (ANEF).
 
En todos os Servizos Públicos do país "os traballadores responderon ao chamado cunha contundente e entusiasta participación. Os funcionarios do sector público reaccionaron fronte ao incumprimento dos compromisos do goberno de Piñera e á súa total falta de respecto á dignidade dos funcionarios", sinalaron nun comunicado dende ANEF.
 
No marco do paro de traballadores tamén se levou a cabo unha mobilización na que se esixiu ao Executivo Nacional implementar un reaxuste salarial do 8 por cento. En Santiago -cidade capital- realizouse unha masiva marcha dende a Estación Central ata a Praza Los Héroes onde se congregaron todas as organizacións que integran a Mesa do Sector Público. En paralelo, traballadores de máis de 60 municipios cumpren de 20 días en folga.
 
Dende a Mesa denunciaron que o Goberno Nacional dilataba as negociacións salariais. "Durante 20 anos os gobernos anteriores non se preocuparon de igualar os seus soldos e as súas asignacións", intentou despegarse Sebastián Piñera a unha semana das eleccións presidenciais.
 
Noticias PIA

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript