Novembro de 2013
 
 

11/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

Albada rexeita a arbitraxe solicitada polos traballadores

A empresa xa rexeitara a mediación vinculante solicitada polos traballadores, agora aducindo que a arbitraxe que a AGA xa admitiu a trámite sería ilegal poñendo en cuestión, deste xeito a propia legalidade do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos de Traballo (AGA).

 

  • Noticias relacionadas

 

Para os traballadores da planta de reciclaxe de Nostián esta circunstancia confirma a intención da empresa de transformar a planta dedicada ao tratamento nunha planta de transferencia, indican, ademais que a actitude empresarial confirma que Albada utiliza os despedimentos como medida de presión para impoñer os recortes.
 
Os traballadores e traballadoras de Albada teñen a nosa solidariedade e apoio.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript