Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PERSOAL LABORAL DA XUNTA. PAGA EXTRA DECEMBRO 2012
 

O TSXG recoñece a parte devengada da paga extra de Nadal

CCOO, UGT, CIG e CSIF presentaran Conflito Colectivo para que o Tribunal declarase nulo o RDL 20/2012, no que respecta á supresión da paga extra de Nadal de 2012 ao Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

Agora a Sala do Social do TSXG, mediante auto nº 25/2013 ven de ditar sentenza na que establece que os traballadores/as terán dereito a percibir a parte proporcional da paga extraordinaria correspondente aos días traballados do 1 ata o 14 de xullo de 2012, xa que o Tribunal determina que o RDL 20/2012 que entrou en vigor  o 15 de xullo de 2012 non se pode aplicar retroactivamente.
 
Unha vez máis os sindicatos sexan nacionalistas ou non reiteran o erro de presentar demandas poñendo como referencia o RDL estatal no canto de facelo con respecto á Lei da Xunta, de aplicación na Administración Pública Autonómica, e que daría aos traballadores e traballadoras o dereito á parte proporcional de case un mes máis.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript