Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PENSIÓNS
 

Manifestación contra o saqueo das pensións

O día 9 de novembro, sábado, ás 12:30 horas dende a Praza de Portugal na Coruña os sindicatos alternativos convocmos unha manifestación, dentro das mobilizacións unitarias pactadas para toda Galiza, en defensa do sistema público de pensións e en protesta contra os recortes que está a levar adiante o goberno.

 

  • Noticias relacionadas

Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
 
Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT, CGT, COG, SF Intersindical e STEG  decidimos organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.
 
Facemos un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript