Número 206- 04 de novembro de 2013
 
 

PERSOAL LABORAL

Convenio Colectivo

    O pasado día 28 recibimos unha comunicación do Comité de Empresa na que se nos anunciaba a decisión de solicitar a prórroga do actual Convenio Colectivo. A decisión non se tomou, neste caso, por unanimidade, a CIG anunciou posteriormente o seu voto en contra entendendo que, en todo caso, o acordo debería referendarse en asemblea.

UNIVERSIDADE

    Como facemos habitualmente aproveitamos as reunións do Consello de Goberno para obter a información que non se nos proporciona por outros medios.

A OMS ADVIRTE

    A OMS reclama Rajoy e outros gobernos europeos que deixen de aprobar medidas que afectan á saúde da poboación.

PERSOAL LABORAL DA XUNTA. PAGA EXTRA DECEMBRO 2012

    CCOO, UGT, CIG e CSIF presentaran Conflito Colectivo para que o Tribunal declarase nulo o RDL 20/2012, no que respecta á supresión da paga extra de Nadal de 2012 ao Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

DESAFIUZAMENTOS

    Hai sangrías que non se deteñen, non porque non se teña posibilidade de paralas senón porque non hai interese en facelo. A desesperación que as políticas neoliberais impoñen medra entre a clase obreira a única afectada nesta mal chamada crise, que non é outra cousa que un saqueo xeneralizado dos nosos dereitos. A desesperación fixo que outro home optase polo suicidio como última vía de escape, un asasinato perpetrado polo goberno.

CUT

    O próximo luns catro de novembro, a CUT estará presente en Xixón nunha convocatoria feita polo SAT de Andalucía co fin de coordinar a participación dos distintos sindicatos na chamada Marcha pola Dignidade.

SANIDADE PÚBLICA

    O xulgado de Instrución número 4 de Madrid imputa aos exconselleiros de Sanidade, Juan Jose Güemes e Manuel Lamela os delitos de prevaricación e suborno.

EDUCACIÓN PÚBLICA

    O Estado Español encóntrase entre os países da Unión Europea (UE) que máis recortou o investimento en Educación Pública, un feito denunciado por traballadores, profesores, pais e alumnos.

MOVEMENTOS SOCIAIS - VÍDEO

    Un grupo de manifestantes enfrontouse duramente coa policía no centro de Roma durante unha protesta en defensa do dereito á vivenda, nunha auténtica batalla campal que incluíu uso de gases e lanzamento de todo tipo de obxectos contundentes.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - ESTREMADURA

    Que non queremos dous empregos, senón un único soldo decente. Ao mesmo tempo, o exemplo que se dá, non é precisamente solidario. Menos aínda, nas circunstancias de falta de traballo existentes na nosa sociedade.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Sucedeu o pasado mércores, na sede da Comunidade de Madrid. O presidente Ignacio González facía entrega da Gran Cruz del Dos de Mayo a trece ex conselleiros, todos membros dos gobernos de Esperanza Aguirre, e eu tiven a sorte de estar alí e presencialo.

    
  •   
 
 PENSIÓNS
    O día 9 de novembro, sábado, ás 12:30 horas dende a Praza de Portugal na Coruña os sindicatos alternativos convocmos unha manifestación, dentro das mobilizacións unitarias pactadas para toda Galiza, en defensa do sistema público de pensións e en protesta contra os recortes que está a levar adiante o goberno.
 POLÍTICA
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    O progresivo desmantelamento da sanidade Pública, por parte do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.
     
    A política sanitaria do goberno de Alberto Nuñez Feijóo, pasa pola privatización, recortes, repago, desmantelamento dos servizos, ...
 LOITA OBREIRA
    As corporacións sindicais españolas, e o que é máis triste, tamén a CIG no marco galego, seguen sen falar de Folga Xeral.O próximo 14 de novembro vai facer un ano da última, pero as burocracias sindicais non saben nin contestan. Desde aquela data, choveron espichos e fungueiros sobre a clase traballadora, pero a Folga Xeral non entra nos plans de CCOO, UGT e, por seguidismo, tampouco da CIG.
 OUTRA VACA NO MILLO
    Efectivamente a tráxica situación dos parados en Galiza e no Estado -moz@s e maiores-prexudica a saúde destes, a dos seus familiares mais achegados e tamén á saúde económica de Galiza e do Estado Español.
 PARO
    A crise capitalista que azouta á zona euro dende hai uns cinco anos, afecta na súa maior parte á poboación nova, sobre todo en Grecia e do Estado Español.
 INTERNACIONAL
    Nun novo avance da criminalización e represión das protestas sociais, o Goberno de Brasil anunciou a creación dun "grupo conxunto de intelixencia" entre forzas federais e estatais que enfrontará ás mobilizacións.
 LINGUA - PROLINGUA
    Onde vivo apenas hai xente que fale galego; se me poño a falalo, non sei como será a reacción de familiares e amizades. Non me sentirei algo raro?
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
ASÍ SON OS QUE NOS RECORTAN

    Era a última votación no Congreso dos Deputados, a referente á reforma das pensións. E apenas uns segundos despois de emitido o voto produciuse unha saída á carreira das súas señorías. Nin sequera se realizara o reconto dos votos, que gañou a maioría absoluta do Partido Popular (PP).

    
  •   

 

     

       
        IGNACIO GONZÁLEZ ANUNCIA UNHA «HISTÓRICA» BAIXADA DE IMPOSTOS EN MADRID PARA 2014

         
          POIS ISO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript