Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A xustiza ratifica a imputación de toda a cúpula sanitaria en Madrid

O xulgado de Instrución número 4 de Madrid imputa aos exconselleiros de Sanidade, Juan Jose Güemes e Manuel Lamela os delitos de prevaricación e suborno..

 

  • Noticias relacionadas

O xuíz Marcelino Sexmero tamén imputa á actual viceconselleira de Sanidade, Patricia Flores, ao director xeral de hospitais, Antonio Burgueño e aos máximos responsables das empresas, Capio, Ribeira Saúde, Unilabs e Asisa os delitos contra a facenda pública, fraude e malversación de fondos públicos.
 
Tanto os querelados, como a Fiscalía pediran o Xulgado de Instrución Número 4 de Madrid que arquivase a querela que AFEM presentara contra a cúpula sanitaria que iniciou a privatización en Madrid hai seis anos. Tamén requiriran ao xuíz que concretara os delitos que imputaban a cada un dos querelados.
 
E iso é o que fixo o maxistrado, Marcelino Sexmero no auto que ditou este xoves. De entrada rexeita todos os recursos presentados. Os avogados dos querelados alegaran "falta de lexitimación, que os querelantes non concretaran as imputacións, e que había unha instrumentalización política da acción penal".
 
O maxistrado rexeitou de pleno eses argumentos. Primeiro, AFEM si está lexitimado porque o interese colectivo dos médicos "está sobradamente acreditado". Segundo, os feitos relatados son constitutivos de varios delitos "deben abrirse dilixencias". E terceiro, a querela dá todo tipo de detalles sobre os supostos delitos cometidos.
 
Aquí vai o relato, e a desagregación das imputacións.

O xuíz relata no seu auto que os médicos detectaron que durante anos na sanidade madrileña " derivouse aos pacientes a centros privados con ameazas e contra a vontade do enfermo, a través do denominado Call Center. Tamén se denuncia a ausencia de control do prezo pola adxudicación dos centros de Pontones e Quintan nos convenios coa Fundación Jiménez Díaz (CAPIO), a concesión encubrida pola amortización de obras. E tamén a ausencia de control na facturación intercentros (o que debería cobrar a Comunidade de Madrid ás empresas por atender a un paciente da súa zona de referencia).
 
Imputacións
Por todo isto, o xuíz imputa os delitos contra a Facenda Pública, fraude e malversación de fondos púbicos á " viceconselleira de Sanidade, Patricia Flores, ao director xeral de Hospitais, Antonio Burgueño, e á Fundación Jiménez Díaz representada por Álvaro de la Parra coa cooperación de Capio, Ribeira Saúde, Unilabs e Asisa".
 
No auto, o maxistrado tamén destaca que "a facturación intercentros non corresponde coa realidade", polo que o xuíz tamén imputa á viceconselleira de Sanidade outro delito de falsidade documental, e tamén "posiblemente aos xerentes de 30 hospitais", non querelados ata a data.
 
Lamela e Güemes imputados
Impútase tamén o delito de prevaricación e suborno aos exconselleiros Juan Jose Güemes e Manuel Lamela por intervir nas adxudicacións a empresas cun conxunto de accionistas opaco incumprindo ningún dos requisitos previstos na lei como a non esixencia do canon". Pero o xuíz, tamén sospeita que pecharon adxudicacións co obxectivo de lucarse "as empresas beneficiáronse dos devanditos acordos para despois contratar os servizos de anteriores Conselleiros de Sanidade, como Lamela e Güemes,".
 
O xuíz remata dicindo que "a querela debe ser admitida e as circunstancias descritas non eliminan toda dúbida de que puidese existir unha actuación punible á vista dos indicios que botan as mesmas, polo que por se puido existir unha real implicación penal, os devanditos feitos teñen que ser investigados".
 
Todo en mans da Audiencia Provincial
A pesar da contundencia deste auto, o futuro da querela que presentou a Asociación de Facultativos Especialistas de Madrid (AFEM) está en mans da Audiencia Provincial, que é a que ten que decidir se esta querela ten base abondo para que prospere (tanto a Fiscalía como os querelados recorreron á Audiencia Provincial).
 
A Audiencia Provincial aínda non deu esa resposta, pero ábrese tres escenarios, segundo nos explican fontes do TSJM: o primeiro, que se arquive a querela e 'se garde nun caixón'. Segundo, que a Audiencia Provincial dea trámite á querela e asuma ela mesma as dilixencias. E a terceira posibilidade, que acepte a querela, pero que delegue a investigación no xuíz Marcelino Sexmero que é quen deu curso ás imputacións.
 
Asociación de Facultativos Especialistas de Madrid (AFEM)

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript