Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PARO
 

Mantéñense as cifras alarmantes de desemprego na eurozona

A crise capitalista que azouta á zona euro dende hai uns cinco anos, afecta na súa maior parte á poboación nova, sobre todo en Grecia e do Estado Español..

 

  • Noticias relacionadas

 

A taxa de desemprego xeral mantívose no pasado mes de setembro no 12,2 por cento da poboación activa na eurozona, mentres as máis elevadas se observaron en Grecia (27,6) e España (26,6), segundo informou a oficina comunitaria de estatísticas, Eurostat.
 
Os países con menores taxas de desemprego son Austria (4,9), Alemaña (5,2) e Luxemburgo (5,9), segundo datos divulgados por Eurostat.
 
No caso dos menores de 25 anos, o centro de estatísticas informou que no conxunto da Unión Europea (UE), a taxa de desemprego xuvenil se mantivo no 23,5 por cento, cun total de 5,58 millóns de mozos parados.
 
Os datos revelan que en Grecia se rexistraron un total de 171.000 mozos, o que supón unha taxa do 57,3 por cento, mentres que no caso de España, en setembro, esta taxa foi do 56,5 por cento, o que implica uns 947.000 mozos sen emprego.
 
As taxas máis baixas de paro xuvenil rexistráronse en Alemaña (7,7) e en Austria (8,7), mentres que as máis elevadas foron as de Grecia, España e Croacia (52,8 por cento no terceiro trimestre de 2013).
 
Hispan TV

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript