Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  DESAFIUZAMENTOS
 

Achan morto un home que ía ser desafiuzado en Badaxoz

Hai sangrías que non se deteñen, non porque non se teña posibilidade de paralas senón porque non hai interese en facelo. A desesperación que as políticas neoliberais impoñen medra entre a clase obreira a única afectada nesta mal chamada crise, que non é outra cousa que un saqueo xeneralizado dos nosos dereitos. A desesperación fixo que outro home optase polo suicidio como última vía de escape, un asasinato perpetrado polo goberno.

 

  • Noticias relacionadas

Un home de 54 anos de idade que vivía de aluguer nun piso da rúa Santo Domingo foi achado morto onte pola mañá no interior do seu domicilio. O corpo sen vida encontrouno a primeira hora da mañá a comisión xudicial encargada de executar o desafiuzamento decretado por un xulgado da capital.
 
Veciños desta rúa explicaron que os funcionarios chegaron ás nove da mañá e chamaron ao timbre, pero ninguén lles abriu, polo que requiriron os servizos dun cerralleiro para acceder ao interior da vivenda.
 
A comisión xudicial entrou no piso pouco antes das dez e encontrouse o corpo sen vida de Manuel C. J., quen non presentaba signos de violencia, segundo confirmou o Corpo Nacional de Policía. Como posible causa da súa morte barállase a posibilidade de que inxerise algunha substancia que lle provocase a morte, unha hipótese que deberá ser analizada na autopsia que se lle realizará.
 
Problemas económicos
Varios veciños da rúa Santo Domingo recoñeceron que Manuel C. J. atravesaba problemas económicos serios e que debía varias mensualidades no aluguer do seu piso. Segundo relataron, o martes pola noite achegáronse varios amigos ao seu domicilio cunha furgoneta para axudarlle a sacar os mobles, pero non chegaron a realizar a mudanza porque lles comentou que aínda non asinara o novo contrato. «O que nunca esperabamos é que lle acontecese isto».
 
Estas mesmas fontes engadiron que non estaba a traballar, aínda que recibía unha paga por enfermidade. «Eu sei que o axudaron moito os seus irmáns e tamén algúns veciños. Realmente estábao a pasar mal»

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript