Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  OUTRA VACA NO MILLO
 

O nefasto ministro de Guindos dixo outra tonteria

Efectivamente a tráxica situación dos parados en Galiza e no Estado -moz@s e maiores-prexudica a saúde destes, a dos seus familiares mais achegados e tamén á saúde económica de Galiza e do Estado Español..

 

  • Noticias relacionadas

ESPAÑA,que ata fai  nada andaba alardeando de ser a 8 potencia económica mundial -todos aqueles ridículos espectáculos de José Maria “o prepotente" e ZP para ser invitados aos cumios económicos dos países importantes, especialmente vergoñento aquelas pernas de "o prepotente" sobre a mesa e todo o da cadeira prestada por Sarkozy a ZP no G20- camiña cara a unha tercermundización acelerada,impulsada polo goberno mais reaccionario da transición, fiel crente do neoliberalismo mais brutal -véxase a salvaxe reforma laboral, os recortes en educación e sanidade, as privatizacións hospitalarias e a desaparición dos servizos sociais – isto xunto coa existencia dunha parte importantísima da clase empresarial que se podería calificar de "empresaurios" pola súa voracidade e falta de escrúpulos.
 
No medio de todo o sinalado o nefasto ministro de Guindos dixo outra tontería, esta como unha catedral "os españois están perdendo o medo a perder o emprego", compréndese que como ministro de economía deste pésimo e retrógrado goberno ten que soltar mentiras a tutiplén,pero por favor que non sexan tan gordas, imaxinamos que o seu futuro laboral será espléndido en virtude das portas xiratorias que comunican no Estado a política e os altos negocios,pero o futuro de 6 millóns de desempregad@s non ten que ver nada con el.
 
Segundo a OMS o paro de longa duración deriva en  alcoholismo , enfermidades mentais, ansiedade, cousas que este suxeito -por certo, din que pésimo xestor nos postos que ocupou na empresa privada- descoñece, e é de supoñer que non ten o menor interese en coñecer, ao igual que o resto dos seus inútiles compañeiros de goberno, comezando polo rexistrador da propiedade, ao que en santa pola deben botar moito de menos

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript