Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PERSOAL LABORAL
 

Convenio Colectivo

O pasado día 28 recibimos unha comunicación do Comité de Empresa na que se nos anunciaba a decisión de solicitar a prórroga do actual Convenio Colectivo. A decisión non se tomou, neste caso, por unanimidade, a CIG anunciou posteriormente o seu voto en contra entendendo que, en todo caso, o acordo debería referendarse en asemblea.

 

  • Noticias relacionadas

O Comité de Empresa asume, unha vez máis, as razóns xa esgrimidas polo xerente e que xa vos indicamos con anterioridade. Temos que subliñar a este respecto que a posible aplicación do Convenio do PAS laboral ao persoal do Capítulo VI solicitouse polos sindicatos para non levar a efecto as eleccións sindicais no colectivo de Convenios e Proxectos e realizouse sen a participación do Comité de Empresa que, naquel momento, estaba en plena negociación do Convenio futuro sen contemplar esta posibilidade.
 
Insistimos en que a  integración deste persoal, agora propiciada pola decisión tomada (o Comité chega a dicir no comunicado de xeito literal:"Esta incorporación precisa unha negociación moito máis polo miúdo e coa presenza de representantes do Cap. VI para negociar en conxunto coa Universidade."), implicará que os traballadores e traballadoras que aínda non se funcionarizaron serán unha minoría respecto do persoal do Capítulo VI, un persoal que na práctica leva anos sen ter representación colectiva o que da unha idea da implicación e preocupación existente no seu seo pola súa situación e pola defensa dos seus dereitos. Temos claro que o que se pretende desde a Xerencia apoiado agora polos sindicatos presentes no Comité coa integración deste persoal é baleirar de contido o actual Convenio.
 
Insistimos, tamén, en que calquera decisión que se tome ao respecto da integración proposta ten que pasar pola asemblea de traballadores e traballadoras que compoñemos o colectivo de Persoal Laboral.
 
A última das razóns non deixa, non obstante, de asombrarnos aínda máis, a negociación do Convenio Colectivo era unha das razóns esenciais para a continuidade do actual Comité, tiña, como xustificación a de non deixar aos compañeiros e compañeiras que non puideran ou non quixeran funcionarizarse sen un acordo estable entre a Universidade e traballadores que recolla os dereitos e deberes de cada unha das partes. Se esta era a finalidade, a que ven agora poñer como escusa a próxima funcionarizción para non levalo a termo?.
 
Sempre dubidamos da capacidade do actual Comité para terminar esta tarefa, reclamamos reiteradamente noticias sobre a marcha da negociación, agora recibimos a comunicación de que simplemente abandonan, dada a pusilanimidade dos seus compoñentes era de esperar.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript