Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 29

Como facemos habitualmente aproveitamos as reunións do Consello de Goberno para obter a información que non se nos proporciona por outros medios.

 

Manuela Pinazas realizou as seguintes preguntas:
 
Sábese, por un comunicado que emitiu o Comité de Empresa que este órgano solicitou a prórroga do actual Convenio Colectivo de PAS laboral. Qué vai facer a Universidade diante desta petición?
 
Resposta do Xerente: o día 28 de outubro houbo unha reunión entre o Comité de Empresa e a Xerencia na que se acordou a dita prórroga.
 
Segundo a resposta do xerente, cando, no comunicado enviado o día 28, dicían que se lle dixera verbalmente ao xerente e que ían enviar a petición por escrito, xa existía o acordo entre as partes.
 
En que data pensa a Xerencia que se producirá a toma de posesión do PAS laboral que aprobe nesta primeira quenda do proceso de funcionarización?
 
Resposta do Xerente: Farase o mais axiña posible, que previsiblemente será o primeiro de xaneiro de 2014, xa que antes non parece posible tendo en conta os prazos  do propio procedemento,  os do peche de exercicio económico e tamén polo adianto do peche da nómina do mes de decembro.
 
Reclamación da paga extra 2012, o día 24, no TSXG, realizouse a vista dos Conflitos Colectivos para a devolución da parte correspondente dende xaneiro á publicación do Real Decreto lei 20/2012, dados os antecedentes de sentenzas que resolven favorablemente para os traballadores en demandas practicamente idénticas. Vai proceder a Universidade á devolución das cantidades reclamadas?
 
Resposta do Xerente: estarase ao que dispoña a sentenza.
 
Outras cuestións de interese:

 
Luis Castedo da Facultade de Informática pide se tomen medidas pola actuación dun piquete que, o día da folga rompeu algún cristal do centro.
 
Resposta o Reitor que indica que se farán  averiguacións ao respecto.
 
Intervén unha alumna que indica que na Facultade de Informática, na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e nalgunha outra teñen constancia de que ese día, o 24 día de folga, había exames, reclama que non se empreguen as obrigas académicas derivadas do Plan Boloña para obstaculizar o dereito de folga.
 
Resposta o Reitor que sinala, outra vez, que se realizarán as averiguacións para que, no caso de que sucedese deste xeito, non volva a pasar.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript