04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Desbandada no Parlamento
A "reforma" das pensións non é algo demasiado importante como para que as súas señorías perdan un minuto máis do necesario en debatelo. E se perden o voo, mala sorte. Moitos perden a diario moito máis que iso. Eu e todos vosoutros tamén tedes o dereito a estar coas vosas familias, pero a min, nin a ti , nos deixan saír antes para iso. Eu teño un horario de traballo e cúmproo, e se non, non cobro, non entendo darlle tantas voltas ao asunto, son uns traballadores malísimos, non cumpren o horario, fan peyas a diario pero cobran o salario completo e os complementos mentres que se un traballador pilla a gripe e se ten que quedar na casa deitado NON COBRA. ASI QUE, non ME PIDAN QUE ME DEAN PENIÑA, porque non ma dan, que cumpran como todo Deus e se perdes ese voo, pillas outro e punto foderrrr!.

Hai boas noticias
É boa noticia que o número de ricos aumentase nun 13%, sobre todo para eses 13 novos por cada 100 que había. Tamén o é o posto no ranking Forbes de Amancio Ortega (cobrará 800 millóns de euros como dividendo das súas accións de Inditex), Roig, a filla de Amancio, Botín, etc., tamén o é que os contribuíntes saneásemos a Banca para que poida forrarse coa débeda que nós mesmos teremos que pagar. Boa noticia, así mesmo, que haxa un só corrupto no cárcere, sinal de que a corrupción non está moi estendida e un só empresario, o que di moito do gremio. En fin, que os recortes pagaron a pena. Os únicos que non se alegran destas boas noticias son eses antisistema do 15M. Nai que os pariu.

Os números agochan a realidade
A bondade dos números macroeconómicos só garante o benestar dos investidores, os bancos e as grandes fortunas. Pero os parámetros que moven a economía real seguen sendo moi preocupantes. Descende a poboación activa, descende o consumo, seguen os peches de pemes, non flúe o crédito e esténdese a precariedade laboral. Os investidores non chegan para crear emprego senón para especular coas facilidades que lles ofrece un pais en saldo. Ocultar iso non evita as súas consecuencias e vémolas todos no noso ámbito cada dia, por moito que De Guindos e os seus mariachis digan outra cousa.

Coa propaganda non chega
A crise executárona, e seguen niso, a través dun saqueo xeneralizado, pivotado pola banca (de paso, facéndose coas caixas a prezo de saldo e eliminando calquera intento de crear unha banca pública) e a grande empresa (reformas laborais e privatización do sector público). Iso foi doado e rápido; agora ben, saír deste foso non se pode conseguir cunha campaña propagandística, por moi orquestrada e secundada dende o interior e o exterior que estea. Menos aínda, cando a través dos Presupostos Xerais, continúan os recortes e mediante o banco malo practícanse todo tipo de estafas, en beneficio, unha vez máis, do sistema financeiro

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript