Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  MOVEMENTOS SOCIAIS - VÍDEO
 

Batalla campal en Roma durante unha protesta polo dereito á vivenda

Un grupo de manifestantes enfrontouse duramente coa policía no centro de Roma durante unha protesta en defensa do dereito á vivenda, nunha auténtica batalla campal que incluíu uso de gases e lanzamento de todo tipo de obxectos contundentes.

 

  • Noticias relacionadas

  • A protesta convocada polo "Movemento pola Vivenda" foi reprimida con gas lacrimóxeno polos carabineiros (policía militar italiana), ao que os asistentes responderon con spray urticante, botellas, moedas e ovos.

    Este enfrontamento tivo a súa parte máis cruenta sobre a céntrica Vía do Tritone, cando un cordón policial intentou impedir o paso de manifestantes, que querían ir cara á rúa Stamperia, onde se estaba a levar a cabo unha Conferencia Extraordinaria da Asociación Nacional de Municipios Italianos, ANCI, na que estaba presente o alcalde de Roma, Ignacio Marino.

    A Cámara dos Deputados de Italia amenceu este xoves pola mañá cun cartel no que se lía a palabra "CASA" e varias bandeiras dos movementos sociais, mentres que na praza ondeaba unha gran bandeira vermella coa frase "A casa tómase".

    A sede do goberno italiano, a poucos metros de alí, estaba fortemente protexida pola policía.

    Estes disturbios prodúcense só dúas semanas despois da convocatoria do pasado 19 de outubro, na que se esixía o fin das políticas capitalistas e na que tamén houbo enfrontamentos entre a policía e os manifestantes.

     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript