Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  POLÍTICA
 

Feijoo saca peito á nosa costa e á dos servizos públicos

Feijoo gábase de que a Xunta paga a provedores e rebaixa impostos, non sinala que o fai a costa de baixarnos os salarios e rematar cos servizos públicos tal e como hoxe os entendemos.

 

  • Noticias relacionadas

Aproveita o seu discurso para intentar aplacar a nosa rabia prometendo que devolverá o recortado nas pagas extra iso si “cando a economía o permita”. A estas alturas xa ninguén lle cre.
 
Estes días tamén se produciu un novo e importante paso na dinámica privatizadora que a Xunta aplica cada día dun xeito máis descarado e sen que a resposta sexa tan importante que lle faga mudala:
 
O día 28 de outubro, na reunión da Comisión de Persoal, aprobouse a creación cinco postos de persoal directivo funcionario na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA), isto non sería noticia se non viñera acompañado de que dous deses cinco postos (Xerente e de Director da Área da Sociedade Dixital) poderán ser ocupados por persoas da empresa privada.
 
Paso a paso conseguen o seu propósito. Haberá que ir erguéndose das cadeiras, saír á rúa e berrar alto e claro que xa non soportamos máis esta situación.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript