Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - ESTREMADURA
 

Os empregados públicos de Extremadura poderán traballar no sector privado

Que non queremos dous empregos, senón un único soldo decente. Ao mesmo tempo, o exemplo que se dá, non é precisamente solidario. Menos aínda, nas circunstancias de falta de traballo existentes na nosa sociedade..

 

  • Noticias relacionadas

 

Mantén o Goberno Rexional, na disposición oitava da Lei de Presupostos para Estremadura de 2014, que os empregados públicos poderemos traballar, ao mesmo tempo que o facemos na Administración da Comunidade, no sector privado.
 
Iso si, con diferentes descontos no Complemento Especifico de cada caso e recuperando a cantidade restada, dende o mesmo momento dunha hipotética baixa no traballo privado.
 
A Dirección Xeral da Función Pública, explicou aos medios que “o facemos por atender as demandas neste sentido dos empregados públicos, que son moitas," aclarando que "a intención non é o aforro nin minguar os servizos públicos".

É dicir, que a medida é solicitada por moitos. Por cantos? por cincocentos? por mil?. E, ademais, por quen? acaso son maioría os soldos máis desfavorecidos? ou, talvez, a maioría son os máis próximos aos que toman esta iniciativa?.
 
Por outra parte, aínda que a intención non sexa aforrar, aforrarase e os servizos públicos (aínda que sexa co espírito) non conservarán a mesma dedicación.
 
Ao mesmo tempo, o exemplo que se dá, non é precisamente solidario. Menos aínda, nas circunstancias de falta de traballo existentes na nosa sociedade.
 
Sinálase a "moitos" traballadores públicos, como depredadores insaciables por quedar co pouco traballo que hai, con tal de facer diñeiro.
 
E esa imaxe, encóntrase avalada por sindicatos de renome que falan de que "xa tocaba nas Autonomías", en vez de loitar por eliminar privilexios de castas antidiluvianas. Pero eles, xa se sabe, están noutras cousas.
 
Aínda que os malos din que (malia que os niveis 28, 29 e 30 non xoguen) isto faise porque beneficia aos que máis teñen (que, por outra parte, a maioría son do equipo). Nós pensamos que é Función Pública a que propicia a "apertura de melóns" pendentes.
 
Como di que o fan por atender as moitas demandas, a partir de agora, formulámonos "pedilo moitos" (polo menos o mesmo número que provocou esta disposición 8) para que paguen dende o total da extra requisada, ata a posta en función e aboamento de toda a Carreira Administrativa, pasando pola organización dos diferentes servizos, que dan pena.
 
Mentres, o recomendable, non é identificar os empregados públicos con dous empregos, senón dignificar un único soldo destes.
 
http://www.sindicato-sip.es

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript