Novembro de 2013
 
 

04/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

O Goberno de Brasil anunciou un plan represivo contra as manifestacións

Nun novo avance da criminalización e represión das protestas sociais, o Goberno de Brasil anunciou a creación dun "grupo conxunto de intelixencia" entre forzas federais e estatais que enfrontará ás mobilizacións..

 

  • Noticias relacionadas

 

Dende o Ministerio de Xustiza agregaron que prevén endurecer as penas fronte aos "excesos de violencia" e ás "persoas que se organizan para infrinxir a lei" nas manifestacións.
 
O Ministro de Xustiza, José Eduardo Cardozo, informou ante medios locais que a resposta do Goberno fronte ás manifestacións contempla catro eixes: a creación dun grupo de intelixencia para evitar e castigar "abusos en protestas"; a creación dun protocolo unificado para actuación das policías; a creación de grupos operacionais entre Ministerio Público e policías que operen durante as manifestacións; e a modificación da lexislación para endurecer as penas ante "actos de violencia".
 
Segundo indicou Cardozo, o grupo de "intelixencia" estará composto por membros da Policía Federal e as Secretarías de Seguridade dos estados de Sao Paulo e Río de Janeiro. A caracterización dos obxectivos dos operativos foi "abusos" e "excesos de violencia".
 
De acordo ao expresado polo Ministro de Seguridade de Dilma Rousseff, o goberno federal e estatais comparten informacións de intelixencia, ante o cal se buscará "ampliar a cooperación". "A idea é afondar, estreitar aínda máis eses lazos, para que poidamos comprender esas accións que acontecen de xeito absolutamente indesexable," sostivo Cardozo. O "indesexable" inclúe a represión contra manifestantes que días atrás asasinou a unha persoa por disparos policiais. Nese marco, tamén defendeu o afondamento de investigacións para identificar "o maior número de persoas actuantes, principalmente os líderes" dos grupos que actúan nas manifestacións.
 
O plan represivo contra as protestas sociais foi anunciado polo líder da carteira de Xustiza logo de reunirse cos secretarios de Seguridade Pública de Sao Paulo, Fernando Grella, e de Río de Janeiro, José Mariano Beltrame e os directores das Policías Federal e Rodoviaria (de Estradas) e das Axencia Brasileira de Intelixencia (ABIN).
 
Protestas e "violencia"
A represión e criminalización é o camiño que emprendeu o Goberno de Dilma Rousseff para intentar deter as ondadas de conflito na rúa que comezaron meses atrás e non lograron ser eclipsadas. Días atrás, despregou máis de mil efectivos das Forzas Armadas nun forte operativo contra as protestas que buscaban impedir a entrega dos pozos petroleiros de Libra. Con balas de goma, gas lacrimóxeno, golpes e detencións, as forzas cumpriron a tallante orde de Dilma Rousseeff de non permitir que nada enturbe o negociado que se selou coas multinacionais Total, Shell e dúas empresas de orixe chinesa.
 
Ao longo de outubro, miles de docentes manifestáronse nas cidades de Brasil nun escenario de conflitividade social que continúa semana a semana como parte das reivindicacións en materia de educación, saúde e transporte, que se desataron nas rúas, no mes de xuño do corrente ano. Nese marco, as crónicas das manifestacións volveron situar á "violencia" como emerxente de análise da prensa e do goberno.
 
PIA Noticias

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript