Outubro de 2013
 
28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  SINDICALISMO ALTERNATIVO
 
CUT, CNT e CGT únense contra a reforma das pensións

As organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun "sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas".

  • Noticias relacionadas

Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións "co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora".
 
O Goberno de España acaba de reformar o sistema de pensións, malia contar unicamente co apoio dos deputados de PP. Por vez primeira as pensións non subirán como mínimo o mesmo co IPC. Na práctica, isto significa que a maioría dos pensionistas perderán poder adquisitivo a medio prazo.
 
CUT, CNT e CGT consideran que estas medidas que poñen en perigo a subsistencia das pensións. Estes tres sindicatos acostuman a coincidir nalgunhas mobilizacións locais do primeiro de Maio, nas que marchan como frente alternativo ás tres grandes centrais do país, UXT, CIG e Comisións.
 
Galicia Confidencial

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript