Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Non aceptamos as retribucións variables

A Conselleira de Sanidade ven de establecer a posibilidade de que ao persoal da súa Consellería se lle aplique un sistema de retribucións variable. O que até agora era só algo que figuraba no texto estatutaria ameaza con se plasmar na práctica.

 

  • Noticias relacionadas

 

No Estatuto Básico do Empregado Público, asinado por CCOO, UGT e CSIF sinalábase textualmente:
 
“Elemento fundamental da nova regulación é, en calquera caso, a avaliación do desempeño dos empregados públicos, que as administracións públicas deberán establecer a través de procedementos fundados nos principios de igualdade, obxectividade e transparencia. A avaliación periódica deberase ter en conta para efectos da promoción na carreira, da provisión e do mantemento dos postos de traballo e para a determinación dunha parte das retribucións complementarias, vinculadas precisamente á produtividade ou ao rendemento.”
 
Se esta nova modalidade retributiva se confirma non tardará en afectar a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública de Galiza, e a discriminación salarial estará asegurada.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript