Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos

Segundo se recolle na prensa a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ven de presentar as primeiras 8.000 sinaturas contra os recortes que Feijoo decidiu realizar nos orzamentos de 2014. Na Universidade da Coruña recolléronse arredor de 300 que xa se entregaron aos sindicatos presentes na Plataforma e anúnciase que prosegue a recollida durante, polo menos parte do mes vindeiro.

 

  • Noticias relacionadas

 

É de sinalar, e agradecer, a cantidade de sinaturas recollida na nosa Universidade en tan pouco tempo, agradecemos, tamén, o esforzo dos compañeiros e compañeiras que difundiron a campaña e facilitaron a participación dos e das que traballan ao seu carón e animámosvos a continuar, aínda hai tempo de recoller máis.
 
A Campaña non remata na recollida de sinaturas, o venres, día 25, co gallo da Apertura do Ano Xudicial realizouse unha concentración na Praza de Galicia coa presenza dun gran número de traballadores e traballadoras da Administración Pública de Galega e dunha gran cantidade de cidadáns que quixeron demostrarlle a Feijoo, de xeito directo, o rexeitamento que lles merecen as súas políticas.
 
A Plataforma convoca tamén, unha Concentración no Parlamento no día da votación da Lei de Orzamentos, que, segundo o calendario que xuntamos, previsiblemente se realizará na segunda quincena do mes de decembro.
 
A Plataforma decidiu iniciar conversas cos Grupos Parlamentarios pospoñendo a que realizaría co PP a ter finalizado o proceso de recollida de sinaturas.
 
Na última reunión da Plataforma acordouse manter as mobilizacións que, de xeito unitario, se convoquen nos centros de traballo e solicitouse aos sindicatos presentes que formulen as propostas de posibles accións para levalas a efecto.
 
Ánimo.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript