Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  CEOE
 

Os ladróns son insaciables

A cova de Alí Babá reméxese de novo, José Luís Feito, presidente da Comisión de Economía da CEOE defendeu estes días pasados que a xubilación dos traballadores e traballadoras debería ser, como mínimo, aos 70 anos, tamén subliñou que se teñen que endurecer aínda máis os requisitos para cobrar o 100% das pensións así como que se deben reducir as prestacións por desemprego e todo isto porque o sistema español é moi xeneroso.

 

  • Noticias relacionadas

Este membro da cuadrilla de Alí Babá fai unha nova provocación a toda a clase obreira, insúltanos a tod@s, mostra o sentimento de toda a caterva empresarial culpable da situación pola que atravesa a economía estatal que ante a pasividade que mostramos os traballadores e traballadoras móstranse cada día máis insaciables nos seus obxectivos. Non pararán até roubárnolo todo. Temos que actuar ou algún destes días atoparémonos con que nos levaron o pouco que xa nos queda.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript