Número 205- 28 de outubro de 2013
 
 

FOLGA DO DÍA 24 DE OUTUBRO

A folga contra a LOMCE e os recortes un rotundo éxito

    A folga xeral no ensino foi un rotundo éxito na Universidade da Coruña onde, na quenda de mañá contabilizouse unha participación na folga de arredor do 87%.parabéns para tod@s. Estamos decidid@s a superar na práctica a división sindical existente, por iso participamos na parte final das dúas manifestacións.

PERSOAL LABORAL

    O xoves, día 24, ás 10:15 horas estabamos citados no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para a conciliación e posterior xuízo na demanda de Conflito Colectivo pola paga extra de decembro de 2012.

GALIZA, ORZAMENTOS 2014

    O Parlamento de Galicia comeza a tramitación do proxecto de presupostos da Comunidade Autónoma para 2014. A Conselleira de Facenda entregou o proxecto de lei á presidenta do Parlamento. A Mesa da Cámara admitiu o documento a trámite e, coa audiencia da Xunta de Portavoces, aprobou o borrador de calendario de tramitación.

CONTRA A LOMCE PECHE EN ARQUITECTURA

    Como vos anunciamos na noite do día 23 realizouse un peche de estudantes na Escola Técnica Superior de Arquitectura, un dos actos programados foi a realización dunha palestra sobre STOP Desafiuzamentos que contou coa presenza do voceiro do colectivo Héctor Tejón.

CUT

    Nesta asemblea, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 19 de outubro, a Central Unitaria de Traballadores/as confirmamos a nosa vontade de seguir practicando, no contexto da actual crise económica do Capital, un sindicalismo de clase, nacional, antipatriarcal, asemblear e combativo, libre de subvencións e servilismos coa Patronal.

MULLER

    En protesta ás agresións ao dereito das mulleres a controlar o seu dereito á reprodución, subscribimos plenamente o texto da convocatoria desta plataforma que reproducimos:

CHOURIZO!

    Montoro e Hijos SA, propiedade do ministro de Facenda e familia, venderá un lote de vivendas da nacionalizada Bankia adquiridas por un fondo voitre. Cristóbal Montoro, Ministro de Facenda e Administracións Públicas, máis coñecido como Don Subidamoderada de Sueldos.

AUTOBOMBO

    A Junta de Feijó sabe premiar as suas amizades, isso é algo que todo o mundo sabe. Mas quem sabe melhor que ninguém som os meios do regime, quem desfrutárom neste verao das delícias das administraçons burguesas, tam liberais para algumhas cousas e tam protecionistas para outras.

PARO - EPA

    O lixeiro descenso intertrimestral do paro segundo a última enquisa de poboación activa ten que analizarse con criterio. A diminución deste, de apenas un 0,24%, sitúa a nova taxa de paro no Estado no 25,98%. Os gobernos central e autonómicos xa bateron as campás para que o “mundo” reflectise a boa nova. Non obstante da análise dos datos conclúese:

OPINIÓN . Isaac Rosa

    O de menos é que Estados Unidos pinche o teléfono de Angela Merkel, ou non digamos de Rajoy. O propio memorando confidencial publicado onte en The Guardian recoñece que das escoitas a líderes políticos non sacaran moita información interesante, pois "non" parece que se usen para conversacións sensibles". Pero ese seguimento, continúa o documento, serviu para obter outros números sobre os que tamén aplicaron a espionaxe.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 29, martes, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno na que seguiremos poñendo enriba da mesa as cuestións que preocupan ao PAS.
 GALIZA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 GALIZA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    A Conselleira de Sanidade ven de establecer a posibilidade de que ao persoal da súa Consellería se lle aplique un sistema de retribucións variable. O que até agora era só algo que figuraba no texto estatutaria ameaza con se plasmar na práctica.
 CEOE
    A cova de Alí Babá reméxese de novo, José Luís Feito, presidente da Comisión de Economía da CEOE defendeu estes días pasados que a xubilación dos traballadores e traballadoras debería ser, como mínimo, aos 70 anos, tamén subliñou que se teñen que endurecer aínda máis os requisitos para cobrar o 100% das pensións así como que se deben reducir as prestacións por desemprego e todo isto porque o sistema español é moi xeneroso.
 SAT
    Como nos mellores tempos da Brigada Político Social, o compañeiro Diego Cañamero, do Sindicato Andaluz de Traballadores foi detido, o pasado luns 21 de outubro, por un dispositivo de paisano das forzas represivas do estado español, encamiñado a intimidar e desmobilizar o movemento obreiro andaluz mediante o acoso constante a unha das súas cabezas máis visibles e representativas.
 ANDALUCÍA
    O vindeiro 11 de novembro, vai ter lugar no TSJA en Granada, un novo xuízo contra 54 compañeir@s do SAT. Entre os encausados atópanse o Coordinador do sindicato, Diego Cañamero e Juan Manuel Sánchez Gordillo.
 SINDICALISMO ALTERNATIVO
    As organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun "sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas".
 LINGUA - PROLINGUA
    A principios deste ano a Xunta recibiu seis sentenzas do TSXG polas que se anulaban dous artigos centrais do chamado Decreto de Plurilingüismo, norma fortemente contestada por amplos sectores da sociedade galega e que supuña unha rebaixa substancial e perigosísima da presenza do idioma galego nas aulas, e todo co falso pretexto da "desaparición do castelán nas escolas de Galicia".
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        FOLGA ESCOLAR CONTRA A LEI WERT

         
          EL PP LOGROU UN SUPERÁVIT DE 9,5 MILLÓNS DE EUROS EN 2012

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript