Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  PERSOAL LABORAL
 

Conflito Colectivo paga de decembro 2012

O xoves, día 24, ás 10:15 horas estabamos citados no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para a conciliación e posterior xuízo na demanda de Conflito Colectivo pola paga extra de decembro de 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Á demanda de Conflito Colectivo interposto no seu día pola UGT, engadíuselle outra presentada por CCOO, CSIF e CIG que a Sala do Social procedeu a unificar coa xa presentada anteriormente.
 
Sinalar a ausencia da representación dos traballadores e traballadoras (Comité de Empresa) e do sindicato USO. Tamén un erro moi importante e que, no caso de gañar a demanda, significará para o PAS laboral a perda de practicamente un mes nas percepcións ao se referenciar as demandas co Real Decreto Lei 20/2012 (BOE de 14 de xullo de 2012) no canto de facelo respecto da Lei da Xunta que nos é de aplicación, Lei 9//2012 (DOG 9 de agosto de 2012). Unha vez máis ponse de manifesto que copiar literalmente o que nos ven de fóra prexudícanos (casualmente a CIG caeu, tamén neste erro). Agardamos que non se repita na demanda que se realizará para o persoal funcionario. Esta circunstancia púxoselles de manifesto na propia sala, a resposta foi que como a demanda tiña como base a Conflito Colectivo presentado para Portos de Galicia (do que xa vos informamos) había que seguir o mesmo camiño. Non parece ser moi axeitada a resposta, nese Conflito Colectivo correspondía tamén referencialo á Lei da Xunta.
 
Non houbo conciliación. Pasouse directamente ao xuízo no que, mentres que a demanda interposta por UGT e avalada polo resto do Comité de Empresa se fai exclusivamente para o PAS laboral e en base á reclamación da parte correspondente da paga extra até a publicación do Real Decreto Lei, a interposta por CCOO, CSIF e CIG faise tamén para o persoal do Capítulo VI e xa non se fala de pagas extraordinarias senón que, en razón ao que se establece no Real Decreto lei no punto 2.5:
 
«En aquellos casos en que no se contemple expresamente en su régimen retributivo la percepción de pagas extraordinarias o se perciban más de dos al año  se reducirá una catorceava parle de las retribuciones totales anuais excluidos incentivos al rendimiento. Dicha reducción se prorrateará entre las nóminas pendientes de percibir en el presente ejercicio a paf1ir de la en/rada en vigor de este Real Decreto-ley»
 
A razón esgrimida segue a ser a mesma que a que se utiliza na demanda da UGT, cóbrase por día de traballo corresponde, polo tanto, a devolución da parte non percibida dende o día 1 de xaneiro até a publicación do Real Decreto lei. Poñen como referencia a sentenza do TSXG de Portos de Galicia que vai neste sentido.
 
En concreto:
 
a) DECLARE que o persoal laboral de administración e servízos da UDC ten dereito a percibir as cantidades correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo á entrada en vigor do Real decreto-Iei 20/2012. do 13 de xullo. Isto é. do período comprendido entre os dras 1 de xaneiro e 14 de xullo de 2012. no importe que corresponda por cada traballador. respecto das cantidades detraídas nas nóminas de setembro e decembro de 2012. máis o 10% de xuros moratorios sobre a cantidad e que proceda.
 
b) DECLARE que o persoal laboral da UDC. con vinculo temporal con cargo a programas, subvencións e convenios. que vén percibindo na súa nómina de forma rateada as pagas extraordinarias. ten dereito a percibir as cantidades correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo á entrada en vigor do Real decreto-Iei 20/2012. do 13 de xullo. isto é. do período comprendido entre os días 1 de xaneiro e 14 de xullo de 2012. no importe que corresponda por cada traballador, respecto das cantidades detraídas nas nóminas de setembro outubro. novembro e decembro de 2012. máis o 10% de xuros moratorios sobre a cantidade que proceda.
 
A Universidade sinalou a práctica inesistencia da Autonomía Universitaria, a Xunta fai as transferencias correspondentes e esixe a correspondente xustificación do gasto. Á Universidade seríalle, na práctica, imposible efectuar a devolución do diñeiro no caso de que o tribunal se pronunciase a favor da demanda.
 
Os sindicatos indican a este respecto que a Universidade ten personalidade xurídica propia, se non pode devolver o que corresponda, en todo caso, que llo reclame á Xunta.
 
Visto para sentenza.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript