28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Hai que saír á rúa
O pobo efectivamente é bastante manso, notablemente insolidario e, en xeral, bastante desinformado. Pero a contundencia do saqueo que están a levar a cabo, o descaro das súas mentiras e a prepotencia de que fan gala as xentes próximas ao partido gobernante (empresarios incluídos), están a empezar a abrir os ollos dalgúns e a acabar coa paciencia doutros.
E a todo iso hai que unir a dor das tesoiradas económicas, ou de dereitos e servizos, que a estas alturas empezan a afectar a que todo bicho vivente. Mesmo a aqueles que nos considerabamos clase media e ata onte, aínda que un pouco mais estreitos, seguiamos vivindo "razoablemente ben" e hoxe aínda temos auga quente na billa e, aínda que con mesura, poderemos acender a calefacción este inverno.
Todo iso está a punto de irse ao garete e non imos ter máis remedio que "decatarnos. E moitos esperamos que entón (cando nos decatemos) decidamos facer algo tan sinxelo como dicir ABONDA!.
E empezaremos a ter tempo para saír á rúa. Canto máis tardemos, peor será para todos.

A deriva gobernamental
Que isto se cambalea, non hai dúbida. Que as mentiras sobre o noso despegue económico, cada vez son menos os que as creen, é algo palpable. Pero nesta situación de desconcerto gobernamental, un novo perigo ameázanos, mediante o enrocamiento da banda do PP, pola presión exercida polos seus sectores de extrema dereita, o que faría que o goberno se parapetase no endurecemento da súa política e nun incremento da represión. Ata agora serviulles a vella estratexia do burro e a cenoria, pero cada vez son máis os que non creen no seu discurso, no que tan só hai labia de tramposos.

Neolingua
Dende que no ano 2012 o Partido Popular gañou as eleccións xerais despregou unha estratexia mediática digna herdeira da propaganda do Grande Irmán orwelliano denominada neolingua tan maxistralmente narrada na famosa novela 1984. Así todas e cada unha das declaracións do presidente Rajoy, do goberno do estado en pleno e de todos os dirixentes do Partido Popular chocan frontalmente coa verdadeira realidade dos feitos, de tal forma que o mellor e máis rápido xeito de entender o pensamento e os actos dos nosos actuais dirixentes consiste en interpretar as declaracións en negativo.

Os meus ollos non verán o estalido social do que se fala
Non chegarán os meus ollos a ver a tan esperada explosión social por unhas políticas de loucura. Despois de cinco anos a voltas coa crise aquí nin o tato se manifesta, seguimos esperando, salvo poucas excepcións, que as solucións nos chovan e, con sorte, nos salpiquen, e despois se te vin non me acordo e asi dar por finalizado un ciclo, do que nacerá outro que, irremediablemente, nos conducirá aínda mais ao abismo.
Eu, dende aquí, con esta actitude nosa, tan condescendente e permisiva, tan pusilánime e leve, que nos fai despotricar e revelarnos, e mesmo retorcernos de rabia nos foros de opinión e charlas dixitais, sen levala á rúa, vaticino que só este estado de cousas concluirá cando, todos e cada un de nós nos vexamos condenados á maior das desgracias posibles; a escravitude.
Escravos modernos, pero escravos. Mentres tanto seguiremos esperando e regocixándonos de que as nosas condicións de vida son infinitamente mellores que as dos africanos ou sudamericanos ou asiáticos, e por iso seguiremos esperando, ata que xa non haxa nada que esperar.
Repito; os meus ollos, e considérome unha persoa nova, non verán ese estalido do que se fala e que é mais necesario que nunca, e por iso entristézome.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript