Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  CHOURIZO!
 

Montoro e familia quedan mil pisos de Bankia a prezo de ganga

Montoro e Hijos SA, propiedade do ministro de Facenda e familia, venderá un lote de vivendas da nacionalizada Bankia adquiridas por un fondo voitre. Cristóbal Montoro, Ministro de Facenda e Administracións Públicas, máis coñecido como Don Subidamoderada de Sueldos.

 

  • Noticias relacionadas

O banco malo, coñecido oficialmente como Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), vendeu recentemente un millar de vivendas da nacionalizada Bankia ao fondo de capital risco (tamén chamados fondos voitre) HIG Capital, establecido en Miami, por 100 millóns de euros. A immobiliària elixida por HIG para vender este lote de casas, segundo informa Diagonalperiodico.net, foi Montoro e Fillos SA (Monthisa), propiedade do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.
 
A operación de venda das 939 vivendas repartidas por diversos puntos do Estado pechouse por 100 millóns de euros, evidentemente por debaixo do prezo de mercado. Polo tanto, a inmobiliaria de Montoro ten por diante unha posibilidade inmellorable de realizar un substancioso negocio grazas á Sareb, entidade controlada polo estado e dependente da Comisión Europea.
 
Mesmo o diario estadounidense The Wall Street Journal se fixo eco dos "fortísimos descontos" aplicados a este lote de vivendas que pertencía a Bankia, que dous meses atrás fora taxado en 500 millóns e agora se vendeu só por 100. Ademais, HIG só pagou o 51% dos inmobles grazas a unha argucia financeira que mantén o 49% das vivendas en propiedade da Sareb, o que significa que cada casa ten un custo medio de 51.000 euros. Unha auténtica ganga.
 
Se non che importa que saibas que o pagarás ti e os teus fillos co teu/seu emprego, coa Seguridade Social, co ensino público...

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript