Outubro de 2013
 
 

28/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  PARO - EPA
 

É real a baixada do paro?

O compañeiro Remo fíxose eco esta mañá do lixeiro descenso intertrimestral do paro segundo a última enquisa de poboación activa. A diminución deste, de apenas un 0,24%, sitúa a nova taxa de paro en España no 25,98%. Brote verde? Para aclarar as dúbidas considero interesante a análise de tres variables fundamentais:

 

  • Noticias relacionadas

 

  • O emprego creado é estacional, froito da contratación estival, só o sector servizos creou postos de traballo. Os demais sectores non evolucionaron de igual maneira.
  • O pouco emprego creado é temporal: neste período creáronse 169.500 postos de traballo temporais, e 146.300 fixos, o que redunda aínda máis na estacionalidade e que os empresarios optan polo emprego precario sen dereitos.
  • O colectivo “sen emprego anterior” bórrase das listas de demanda de emprego do INEM e maquilla os datos de desemprego rexistrado no Estado.

  • A mocidade e os parados de longa duración seguen a ser os grandes prexudicados. O paro xuvenil continúa en valores desorbitados, concretamente no 54,39%. Por outra parte, dos máis de 5,9 millóns de parados contabilizados pola EPA, o 49,1% sono de longa duración, esta circunstancia que provoca o incremento de desempregados sen ningún tipo de cobertura fai medrar o número de cidadáns en risco de exclusión social.

A realidade sobre a situación coñecerémola na EPA do cuarto trimestre
.

Sobran os triunfalismos, o goberno coa súa radical política neoliberal, empéñase en imposibilitar que apareza o máis mínimo brote verde para a cidadanía, a reforma laboral estende o paro e a miseria entre a clase traballadora e os voitres están á caza dos servizos públicos para convertelos en negocio, mercadoría á que só os privilexiados poderán acceder. Mentres os ricos son máis ricos os pobres cada día somos máis pobres. Se non o evitamos, este é o futuro que nos agarda á nosa xeración e ás vindeiras.
 
Temos que acabar cos políticos e as políticas que afondan na recesión, na destrución de emprego, na desigualdade…, é dicir temos que acabar con este sistema.
 

Máis de 180.000 parados galegos xa non cobran prestación de desemprego

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript