Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Os pediatras alarmados polas restricións de Ana Mato á vacina da varíola

O Goberno e a comunidade médica romperon calquera tipo de relación despois de que a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) retirase das farmacias a vacina da varíola.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na maioría das comunidades autónomas, o ministerio de Sanidade, que lidera Ana Mato (PP), financia a vacina para os nenos que teñen entre 10 e 14 anos, para reducir o gasto mediante esta limitación de idade, noutras como Madrid, Navarra, Ceuta e Melilla tamén a ofrecen a pacientes máis pequenos.
 
O Goberno, pola súa banda, deféndese do ataque e as críticas que lanzan os especialistas. "Todos os nenos, á idade acordada polas diferentes comunidades autónomas son vacinados de forma gratuíta. Estase a producir a oportuna liberación da citada vacina", aseguran fontes ministeriais a Economía Dixital.
 
Non obstante, tanto os pais, coma os médicos e os farmacéuticos alertan desta problemática. Insisten en que é incomprensible que o Estado non permita ás familias que o desexen vacinar os seus fillos máis pequenos como medida de prevención. Os pediatras persisten no seu asombro. Paréceme que é unha película de ficción, engade o secretario do Comité Asesor de Vacinas da Axencia Española de Pediatría, Francisco Álvarez.
 
"Os médicos son contrarios a que se vacine máis tarde e prefiren en idades máis prematuras pero a Axencia Española impuxo este criterio e de aí a polémica. De momento o medicamento está restrinxido e non se sabe cando se volverá servir nas farmacias", aseguran fontes do Col.legi de Farmacèutics de Barcelona ao citado diario dixital.
 
Non son os únicos molestos. O laboratorio responsable da vacina Varivax, Sanofi Pasteur, viu reducida as súas vendas de xeito notorio dun día para outro. O seu mercado en España limitouse a só catro autonomías. "O laboratorio cónstanos que levou esta medida aos tribunais e seguramente pedirá unha indemnización polos danos ocasionados", explica o voceiro do Comité Asesor de Vacinas.
 
Este medicamento contra a varíola subminístrase en dúas doses. Cada unha custa 70 euros, de modo que o dano económico a Sanofi crece cada día que esta medida segue implantada.
 
"Podemos entender que hai crise e que se financie menos pero outra cousa é limitar a subministración. Apenas un 5% dos nenos chega á adolescencia sen pasar a varíola. Adoitan padecela, nun 90% ou 95% dos casos, na infancia. Así que esta nova medida sae moito máis barata ao Estado", matiza Álvarez.
 
Os pediatras están dispostos a sentarse a falar coa Aemps e o Ministerio de Sanidade e achar unha solución o antes posible. Poñen de relevo que, aínda que son os casos mínimos, en ocasións se sofren complicacións coa varíola. Recordan que non é un xogo e que a enfermidade pode chegar a ser mortal.

elboletin.com

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript