Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  EDUCACIÓN PÚBLICA
 

Un millón de sinaturas pola Educación pública en menos dun mes

Máis dun millón de persoas participaron ata o momento na consulta cidadá sobre a educación organizada pola Plataforma Estatal pola Escola Pública, das que un 99% votou en contra dos recortes. Unha cifra de participación "que nunca antes se dera en ningún proceso posto en marcha polos cidadáns", e que pode aumentar nos dez días que aínda quedan de prazo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha carta dirixida ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e que foi rexistrada este xoves no Ministerio de Presidencia, a plataforma de sindicatos de ensino e asociacións de pais esixiu que o Executivo free "de xeito inmediato" os recortes, recupere o investimento e retire a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).
 
Ademais, os organizadores emprazaron a Rajoy a "cambiar os actuais responsables educativos para poder ter interlocutores válidos", que se dediquen a "traballar para atender as demandas da sociedade e levalas á práctica".
 
A Plataforma explicou tamén na súa misiva o motivo da prórroga da consulta, que inicialmente tiña previsto finalizar este xoves 17 de outubro e que finalmente o fará o próximo día 27. "Ampliamos o prazo de realización da devandita consulta para contrarrestar os efectos do intento de boicot por parte dalgúns responsables políticos que teñen medo á democracia e o demostran intentando acernar os dereitos dos cidadáns e cidadás e ordenando prohibicións", denunciaron os sindicatos.
 
Unha lei sen consenso
A Lomce foi unha das reformas educativas con menor nivel de consenso da historia da democracia. Todos os partidos da oposición, sindicatos, as asociacións de pais e outros axentes sociais mostraron o seu rexeitamento a unha lei que desgastou de forma abafadora a imaxe do ministro de Educación, José Ignacio Wert.
 
Tras a finalización da folga indefinida en Baleares, o 24 de outubro hai convocada unha folga xeral educativa, na que participarán, por segunda vez, pais, profesores e alumnos de todos os niveis educativos. Será a enésima mobilización nun contexto de recortes que se levaron xa por diante a máis de 60.000 traballadores da escola pública.
 
La marea

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript