Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Dous mozos lanzan ovos a Durao Barroso, presidente da Comisión Europea

Dous mozos lanzaron ovos este xoves contra o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, en protesta polos seus postulados neoliberais á fronte do Executivo comunitario, durante un debate con cidadáns na cidade de Lieja, no leste de Bélxica.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Os ovos impactaron sobre o escenario no que se encontraba o político portugués xunto ao ministro belga de Asuntos Exteriores, Didier Reynders, entre outros, e non impediron que a conferencia continuase con normalidade.
 
Os mozos, que foron expulsados da sala, tomaran previamente o micrófono para criticar as medidas capitalistas impulsadas dende Bruxelas e as consecuencias do mercado interior. " Sabe vostede que as granxas europeas perden diñeiro con cada ovo que venden a causa das súas políticas? ", espetou un deles antes de lanzar os ovos.
 
Os mozos tamén recriminaron a Barroso a política europea de inmigración, á que consideraron responsable de traxedias como as recentemente rexistradas en augas da illa italiana de Lampedusa, onde as últimas dúas semanas morreron uns 400 inmigrantes.
 
EFE

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript