Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA, ORZAMENTOS 2014
 

Xa é oficial, haberá novos recortes salariais

A Consellería de Facenda e Administracións Públicas da Xunta convocou á Mesa Xeral de Empregados Públicos para unha reunión extraordinaria e cun único punto na orde do día: “Estudo do Capítulo I dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2014”, para a dita reunión a Consellería non aportou ningunha documentación.

 

 

A Consellería de Facenda confirmou aos representantes sindicais o xa sabiamos: os orzamentos de 2014 contemplarán, de novo, o mesmo recorte salarial que o xa realizado no ano 2013. Informou, tamén, de que a taxa de reposición “por imperativo legal do Estado “ será do 10% e unicamente para sanidade, educación e servizos sociais.
 
Como xa indicamos, o novo recorte que se contemplará, se non o evitamos, nos orzamentos de 2014 require unha resposta institucional contundente, xa vai sendo hora de que as universidades fagan valer a Autonomía Universitaria. Por outro lado require, tamén, a resposta tamén contundente das e dos traballadores que seremos as/os que, en última instancia, padeceremos eses novos recortes.
 
Non podemos caer no conformismo, é a nosa obriga revelarnos contra uns recortes que, mesmo segundo a prensa máis próxima ao goberno do PP, serven directamente para encher as caixas fortes das entidades bancarias. O PP asegura que o ano vindeiro Galiza crecerá a custa, unha vez máis, dos recortes que se aplicarán na Administración Pública.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript