Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - CARLOS CALLÓN
 

Non nos resignamos

Hai hoxe, 18 de outubro, catro anos da primeira gran manifestación de Queremos Galego fronte ás políticas galegófobas de Alberto Núñez Feijóo. A dese día estivo entre as primeiras reaccións dunha parte importante da sociedade galega, que deu e dá un exemplo de mobilización en defensa da súa cultura.

 

  • Noticias relacionadas

  • Non son moitas as nacións do mundo que, sen case recursos económicos e sen apoios mediáticos, son quen de sacaren á rúa 100.000 persoas por razóns lingüísticas ou culturais. Por riba, a pesar do desgaste continuado e intenso practicado polo PP, en Galiza aínda se mantén esta tensión reivindicativa, como se demostrou por exemplo o pasado 17 de maio, cando nos mobilizamos de novo masivamente polo galego, no medio dun amplo calendario de manifestacións por mil roubos e retrocesos.
     
    Ningunha das accións que fixemos, que facemos e que faremos son en balde. É boa verdade que algúns froitos xa os recollemos, mais a ceifa desta sementeira aínda ha ser moito, moito máis xeitosa no futuro!
     
    Continuamos no combate polos nosos dereitos lingüísticos! Temos dereito a existir!

     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript