Número 203- 21 de outubro de 2013
 
 

FOLGA O DÍA 24 DE OUTUBRO

Contra a LOMCE e os recortes, folga na Universidade o día 24 de outubro

    Esta semana moit@s compañeir@s chamáronnos para confirmar a folga do día 24 e, sobre todo, para saber se o PAS estaba convocado ou non. A tod@s vos dixemos o mesmo, a pesar da falta de información dos sindicatos convocantes á folga convocóusenos a todos os sectores e todas as etapas educativas, incluída a universidade.

XUNTA, ORZAMENTOS 2014

    A Consellería de Facenda e Administracións Públicas da Xunta convocou á Mesa Xeral de Empregados Públicos para unha reunión extraordinaria e cun único punto na orde do día: “Estudo do Capítulo I dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2014”, para a dita reunión a Consellería non aportou ningunha documentación.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

    A Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, conducida polo Foro Galego de Inmigración e coorganizada por diversas entidades sociais, converte o aniversario da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que deu en retirar o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, nunha semana de reivindicacións que percorre con diferentes iniciativas o corpo do País.

CONTRA A LOMCE

    Comezamos as protestas deste curso na facultade de Arquitectura da Coruña, polo tanto convidámoste a participar connosco no peche da noite do mércores 23 ao 24 e a facer folga o día 24.

EDUCACIÓN PÚBLICA

    Máis dun millón de persoas participaron ata o momento na consulta cidadá sobre a educación organizada pola Plataforma Estatal pola Escola Pública, das que un 99% votou en contra dos recortes. Unha cifra de participación "que nunca antes se dera en ningún proceso posto en marcha polos cidadáns", e que pode aumentar nos dez días que aínda quedan de prazo.

SANIDADE PÚBLICA

    O Goberno e a comunidade médica romperon calquera tipo de relación despois de que a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) retirase das farmacias a vacina da varíola.

LOITA POPULAR

    "En defensa da vida, o territorio, a autonomía e a soberanía", foi a consigna que nucléo a miles de indíxenas que se mobilizaron o martes en diversos departamentos de Colombia.

LABORAL

    Segundo publica o diario económico Cinco Días, a confederación de empresarios españois (CEOE) pediu ao Ministerio de Emprego que o despedimento sexa gratuíto durante o primeiro ano nos contratos indefinidos.

LOITA SOCIAL

    Dous mozos lanzaron ovos este xoves contra o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, en protesta polos seus postulados neoliberais á fronte do Executivo comunitario, durante un debate con cidadáns na cidade de Lieja, no leste de Bélxica..

OPINIÓN . Isaac Rosa

    No seu día, 'banco malo' parecíanos unha redundancia, un pleonasmo, e preguntabámonos: se os bancos "bos" son o que xa sabemos, como será un banco que presume de malo?.

    
  •   
 
 ASEMBLEA POLA DEFENSA DA UVIGO
    A CIG PDI expulsou a ÁNGEL RODRÍGUEZ GALLARDO da Mesa de Negociación PDI da Universidade de Vigo e solicítalle a acta de delegado do Comité de Empresa PDI Laboral de Pontevedra.
 AC VAGALUMES [Video]
    Dispoñemos da conferencia de Dora Carcanho, filla de Maria Araújo, que se desenvolveu o ano 2011 no marco das xornadas "Mulleres con memoria" organizadas pola AC Vagalumes.
 PAGA EXTRA DE DECEMBRO
    Os traballadores e traballadoras do Ente Público de Portos de Galiza acaban de gañar, mediante sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, non se ver privados da paga extra de decembro do ano 2012, ao se aceptar parcialmente o Conflito Colectivo presentado.
 +ARGUMENTS?
    Hai unhas semanas, o Parlamento Húngaro aprobaba unha lei que habilita aos corpos policiais e ás administracións locais para castigar as persoas que durman na rúa con multas, traballos para a comunidade e, mesmo, con penas de cárcere.
 CORRUPCIÓN
    A Organización para a Seguridade e Cooperación Europea (OSCE), emitiu un duro informe, datado en 2012 e silenciado pola práctica totalidade dos medios de comunicación españois, no que denuncia que o "sistema" que sustenta ao actual réxime español bloquea o acceso á política dos cidadáns e da sociedade civil para crear as súas propias candidaturas, algo, que lle acontece tamén aos novos partidos.
 BRASIL
    Miles de docentes que se manifestan nas cidades de Brasil e Petrobras paralizada pola folga dos seus traballadores son mostras dun escenario de conflitividade social que promete continuidade e pon en xaque o rótulo de "país potencia". A represión e criminalización parece ser a resposta que ensaia o Goberno de Dilma Rousseff para intentar deter as ondadas de conflito na rúa que comezaron meses atrás e non lograron ser eclipsadas.
 FORO DE AVOGADOS DE ESQUERDAS
    Unha reforma ao servizo do capital e as forzas de seguridade. En poucas palabras esta sería unha boa forma de definir o significado da reforma do Código Penal que remitiu ás Cortes o goberno do Partido Popular.
 LINGUA - CARLOS CALLÓN
    Hai hoxe, 18 de outubro, catro anos da primeira gran manifestación de Queremos Galego fronte ás políticas galegófobas de Alberto Núñez Feijóo. A dese día estivo entre as primeiras reaccións dunha parte importante da sociedade galega, que deu e dá un exemplo de mobilización en defensa da súa cultura.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      O GASTO EN SANIDADE E EDUCACIÓN SERÁ O OBXECTIVO «SEGURO» DOS NOVOS RECORTES

       
        RAJOY DEFENDE A MONTORO: É UN «GRAN MINISTRO» NUN MOMENTO «QUE NON É DOADO»

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript