Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A patronal pide que o despedimento sexa gratuíto no primeiro ano dos contratos fixos

Segundo publica o diario económico Cinco Días, a confederación de empresarios españois (CEOE) pediu ao Ministerio de Emprego que o despedimento sexa gratuíto durante o primeiro ano nos contratos indefinidos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A idea da patronal é que existan as seguintes posibilidades á hora de contratar un traballador: contrato fixo (a tempo completo ou a tempo parcial); contrato temporal (por obra ou servizo; eventual e interino); contratos formativos (para a formación e a aprendizaxe e en prácticas), e o contrato de relevo.
 
O Ministerio de Emprego anunciou que traballa nunha simplificación administrativa dos contratos. Neste escenario, a CEOE deu un paso máis alá elaborando a súa propias peticións nesta materia. A súa proposta -que foi incluída nos documentos que revisou a Xunta Directiva- reduce a seis as modalidades contractuais: contrato fixo (a tempo completo e a tempo parcial); contrato temporal (por obra ou servizo, eventual e interinidade); contratos formativos (para a formación e a aprendizaxe e en prácticas) e o contrato de relevo.
 
Dito isto, os empresarios reclaman nos novos contratos indefinidos que tamén exista un período de proba dun ano, como se estableceu no contrato de apoio a emprendedores. Durante eses doce meses, o despedimento sería gratuíto e acausal. Ata agora, ese período de proba é de seis meses, como máximo.
 
A CEOE solicita que as condicións de despedimento obxectivo tamén permitan ao empresario ofrecer ao traballador a opción de cambiar o seu contrato a tempo completo por outro a xornada parcial. O outro punto forte da proposta empresarial é que non haxa que xustificar os contratos temporais se non superan os límites de encadeamento marcados na lei. Ou, como alternativa, que se eliminen eses límites de encadeamento, que actualmente non permiten máis de dous contratos consecutivos de 24 meses de duración nun período de 30 meses.
 
A pasividade xeneralizada posibilita que cada día se impoñan recortes que agravan a situación xa precaria das condicións laborais. Unha gran parte de culpa desta situación téñena os sindicatos que lonxe de cumprir coa súa misión de defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras propician a desmobilización.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript