21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Cambiar a situación é moi difícil
Cambiar a situación é moi difícil, os políticos e principais partidos están vinculados firmemente co poder financeiro, como cambiar iso?. Á hora da verdade a maior parte da xente vota aos partidos de sempre, no Estado ao PPSOE, que para min son o mesmo, votando a eses partidos votas ao poder financeiro e xa non hai nada que facer nin se poderá cambiar nada.

Temos que falar do Socialismo
O certo é que por moito que se queira seguir enterrando a Marx, a dureza deste sistema capitalista séguelle a dar a razón e cada día as súas análises reafírmanse. Este sistema necesita, para desenvolverse, devorarse a si mesmo, ao mesmo tempo que expulsa del máis e máis cidadáns. A riqueza acumúlase cada vez en menos mans, a desigualdade agrándase entre os que máis posúen e os desposuídos. Para corrixir tanta barbaridade é preciso que os medios de produción cambien de mans e pasen ao control dos seus creadores: os traballadores. Temos que falar do Socialismo.

Qué demos pasa aquí
-LIMITAR a propiedade privada
-Limitar as transmisións patrimoniais
-Lexislar en beneficio da empresas que prioricen o ben común ao beneficio
-Prestixiar esas empresas e incentivar o consumo dos seus produtos
En principio parecería sinxelo tomar medidas para o beneficio da maioría, por que somos máis, que demos pasa aquí. A posibilidade está na política, hai que convencer a máis xente de que se necesitan medidas radicais, e que esas medidas vaian en beneficio da maioría. O difícil son os primeiros pasos.

Demasiado grande para caer?
Cada unha das pezas da máquina está unida ás outras. Calquera mínimo cambio nunha delas provocará cambios nas demais. Este non é un modelo económico de quita e pon, funciona por vasos comunicantes. É máis que un sistema económico, é unha forma de estar no mundo, unha civilización, ou unha fase civilizatoria, que podemos chamar neoliberal, ou como queiramos, pero que demostrou unha incapacidade e un desinterese total para suavizar as graves contradicións sobe as que se edifica, non só sociais e económicas, de igualdade e desigualdade, senón a mesma inminencia da escaseza de recursos naturais para alimentar a esta economía lambona. A mala noticia é que hai pouco que conservar desta "civilización". A boa é que calquera cambio, por mínimo que sexa, que se produza na periferia do modelo, inflúe directamente no centro, no seu mesmo funcionamento. É, por dicilo en palabras dos seus apoloxetas (non, non é unha falta de ortografía) "demasiado grande para caer". Pero xa vimos a moitos grandes morder o po como para ter que crer este tipo de ameazas.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript