Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ASEMBLEA POLA DEFENSA DA UVIGO
 

Solidariedade con Ángel Rodríguez Gallardo

A CIG PDI expulsou a ÁNGEL RODRÍGUEZ GALLARDO da Mesa de Negociación PDI da Universidade de Vigo e solicítalle a acta de delegado do Comité de Empresa PDI Laboral de Pontevedra.

 

  • Noticias relacionadas

 

Lembremos que o 18 de xullo de 2013 -setenta e sete anos despois do golpe de estado do sanguinario e xenocida xeneral español Francisco Franco- o membro da CIG PDI Funcionario,... AQUILINO ALONSO NÚÑEZ, ameazou con agredir a Ángel Rodríguez Gallardo na mesma porta do Reitorado. Tal suceso denunciouse nas máximas instancias universitarias e sindicais
 
Ángel Rodríguez Gallardo, membro activo da Sección PDI da Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo, mantiña na Mesa de Negociación unha posición crítica sobre a deriva neoliberal do equipo goberno da Universidade de Vigo, nomeadamente co ERE encuberto que provocou a saída de ducias de profesores/as asociados/as (a data de hoxe descoñécese o número, non facilitado polo equipo reitoral e/o xerencial) ou coa arbitraria aplicación do Decreto Wert que conlevou a intensificación horaria para máis dun terzo do PDI da Universidade de Vigo.
 
Nas derradeiras eleccións sindicais, a presenza nas listas da CIG PDI Laboral Pontevedra de Ángel Rodríguez Gallardo provocou un incremento inusitado dos resultados electorais da CIG Laboral, de xeito que esa central sindical dobrou a súa representación no Comité de Empresa.
 
O compromiso de Ángel Rodríguez Gallardo co suposto programa democrático, de participación e de transparencia que aparentemente defendía CIG Universidade, respondía o seu desexo de protexer os intereses da afiliación e finalmente da clase traballadora galega do ensino universitario. Moitos/as afiliados/as e simpatizantes temos manifestado publica e privadamente a nosa admiración polo traballo valente e decidido de Ángel Rodríguez Gallardo na defensa desa clase traballadora.
 
Partillamos con Ángel Rodríguez Gallardo da loita pola defensa dos postos de traballo do profesorado asociado e dos dereitos laborais do profesorado estábel (contratado doutor ou funcionarios), sempre cunha coherente oposición á aplicación do Decreto Wert na Universidade de Vigo -a única galega en aplicalo- e sempre cunha contudente denuncia contra as formas antidemocráticas e nulamente participativas do actual equipo reitoral.
 
Sabemos que Ángel Rodríguez Gallardo segue a contar co apoio da maioría do Comité de Empresa PDI Laboral de Pontevedra e conta coa solidariedade de toda a Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo.
 
Grazas a el, instalouse na comunidade universitaria un novo modelo sindical: transparente, participativo, onde todos/as os/as membros sindicais podían intervir e eran informados. Un modelo sindical inclusivo e horizontal que intentou trasladar e compartir coa comunidade universitaria toda información que se producía nas Mesas de Negociación e nos Comités de Empresa.
 
Transparencia e participación: estas foron as claves do traballo sindical de Ángel Rodríguez Gallardo dentro da Mesa de Negociación. Transparencia e participación, que o poder e os que abrazan e son amigos do mesmo non querer nin ver diante.
 
Sirva este mail de agradecemento ao traballo realizado por Ángel Rodríguez Gallardo. Hoxe a Universidade de Vigo é menos democrática.
 
Sección PDI Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript