Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  PAGA EXTRA DE DECEMBRO
 

O TSXG dá a razón aos traballadores de Portos de Galicia

Os traballadores e traballadoras do Ente Público de Portos de Galiza acaban de gañar, mediante sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, non se ver privados da paga extra de decembro do ano 2012, ao se aceptar parcialmente o Conflito Colectivo presentado.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Portos de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería do Medio Rural e do Mar, en aplicación do Real Decreto Lei 20/2012 do Estado, do 14 de xullo e da Lei autonómica 9/2012 do 9 de agosto, non aboou aos seus traballadores a paga extra de nadal do ano 2012.
 
A cuestión e fondo xurídico que se formulaba na reclamación versaba sobre  a retroactividade da lei o TSXG ditaminou que se lles debía aboar aos traballadores a parte proporcional da paga extra de nadal ata o 15 de xullo, data de publicación da lei.
 
A reiteración de sentenzas neste mesmo camiño indican que a demanda que se verá o día 24 e que afecta ao persoal laboral da universidade terá o mesmo desenlace.
 
Aínda que é unha boa noticia, non substancia a reivindicación do noso sindicato que non é outra que a devolución do diñeiro roubado.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript