Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA A LOMCE
 

Peche en Arquitectura

Comezamos as protestas deste curso na facultade de Arquitectura da Coruña, polo tanto convidámoste a participar connosco no peche da noite do mércores 23 ao 24 e a facer folga o día 24.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

-PECHE: comezará o mércores 23 ás 21h cunha palestra de HECTOR TEJÓN (Stop Desafiuzamentos). Despois de cear faremos unha asemblea , programaremos o seguinte peche e "decoraremos" a escola (estamos a realizar un concurso de ideas para esta actividade que podedes consultar aquí: https://www.facebook.com/events/52551405751876...5/
 
-FOLGA: Os compañeiros de UDC en Loita organizarán uns piquetes informativos en Elviña na mañá do 24. No peche falaremos de facer o mesmo na zapateira ou baixar a axudalos. Como xa sabedes polo correo da UDC hai folga o 22, 23 e 24. O día de seguimento por parte de tódolos colectivos da educación é o último, e hai manifestacións ás 11:30h dende Praza de Vigo e ás 20h dende Praza da Palloza.

Continuamos co espírito do noso manifesto:
 
UNIVERSIDADE PÚBLICA E DEMOCRÁTICA: Liberdade de cátedra para os profesores e maior representación do alumnado. Non se debe permitir que o capital privado entre nos órganos de goberno.
 
DEROGACIÓN DA LOMCE: por fomentar a desigualdade de oportunidades primando a “competitividade” (negocio) fronte a calidade.
 
NON Á SUBIDA DAS TAXAS: Os recursos económicos do estudante non deben ser un impedimento para á aprendizaxe.
 
BASTA XA! Defende os teus dereitos, aínda que non o notes hoxe o día de mañá os recortes paulatinos acabarán con eles. NON SEXAS MAIORÍA SILENCIOSA.
 
“Se non pensades no futuro, nunca o teredes” John Galsworthy (1867-1933).

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript