Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN
 

A OSCE denuncia que o "sistema" que sustenta ao réxime español está podre

A Organización para a Seguridade e Cooperación Europea (OSCE), emitiu un duro informe, datado en 2012 e silenciado pola práctica totalidade dos medios de comunicación españois, no que denuncia que o "sistema" que sustenta ao actual réxime español bloquea o acceso á política dos cidadáns e da sociedade civil para crear as súas propias candidaturas, algo, que lle acontece tamén aos novos partidos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ademais, enriquece os actuais políticos mediante subvencións que van máis alá do pagamento das papeletas, censura ata as contas de Twitter e non respecta nin a igualdade nin o segredo do voto. A podremia deste "sistema" chega a tal punto que o órgano encargado de fiscalizar a contabilidade dos partidos (Tribunal de Contas) envía os seus informes a estes antes de ser publicados para que poidan reformalos e a Xunta Electoral Central debate as denuncias electorais de forma secreta. Tamén lamenta que os 6,5 millóns de cidadáns que participaron en manifestacións de protesta nin sexan escoitados nin estean representados e que o voto branco e nulo, que alcanza niveis en España sen parangón no mundo, non xere escanos baleiros.
 
Ler máis

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript