Outubro de 2013
 
 

21/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  FOLGA O DÍA 24 DE OUTUBRO
 

Contra a LOMCE e os recortes, folga na Universidade o día 24 de outubro

Esta semana moit@s compañeir@s chamáronnos para confirmar a folga do día 24 e, sobre todo, para saber se o PAS estaba convocado ou non. A tod@s vos dixemos o mesmo, a pesar da falta de información dos sindicatos convocantes á folga convocóusenos a todos os sectores e todas as etapas educativas, incluída a universidade.

 

  • Noticias relacionadas

  • Como xa vos informamos, preténdese aprobar unha Lei Orgánica de Educación segregadora que establece itinerarios excluíntes, que degrada o ensino na e da lingua galega, que selecciona e clasifica o alumnado, mesmo antes de finalizar o ensino obrigatorio.
     
    Introdúcense avaliacións externas e temperás que poñerán levar á separación/segregación do alumnado sen que se teña en conta a situación socioeconómica de orixe ou calquera outra circunstancia persoal.
     
    Producíronse e produciranse no futuro recortes xeneralizados en todas as Administracións Educativas, o que xerou e xerará recorte de programas, aumento de ratios e horarios, desaparición de profesorado de apoio á atención á diversidade e, especialmente, recorte de persoal.
     
    O profundo cambio normativo que se intenta impoñer faise sen a participación da Comunidade Educativa e, particularmente, dos representantes legais d@s traballador@s do sector.
     
    Os recortes educativos sufridos e previstos responden a unha estratexia de precisión para debilitar e degradar a calidade do ensino público e poder xustificar así unhas contrarreformas que non responden en absoluto a un diagnóstico real da situación e, polo tanto, non supoñen ningunha solución aos problemas reais da educación.
     
    Ademais de todas as razóns xa sinaladas contra a nova Lei, en Galiza engádenselle a protesta contra os novos recortes salariais que feijoo anunciou que se contemplarán nos orzamentos do ano 2014
     
    MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS:
     
    FERROL: 11:30 h. Praza de España
     
    CORUÑA: 11:30 h. Praza de Vigo
                      19:30 h. Praza da Palloza.
     
    CARBALLO: 11:30 h. Praza do Concello

     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript