Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  LIGA ESTUDANTIL GALEGA
 

Que non te calen!

A Liga Estudantil Galega na Coruña lanza unha campaña para promocionar o uso da lingua galega nas aulas.
 
Se ben os datos das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela tampouco son alentadores, non podemos ignorar que a Universidade da Coruña é a máis desgaleguizada das tres universidades galegas (apenas o 10% das aulas impártense en galego, malia haber un 30% do PDI galegofalante).

 

  • Noticias relacionadas

 

Sabemos que moitas estudantes que chegan á universidade sendo galegofalantes, ante un panorama de españolización no que a lingua castelá é claramente a dominante, deciden pasarse ao castelán por motivos que derivan da súa posición hexemónica na institución, malia o teórico marco de protección legal que propugna que a lingua oficial da universidade é o galego. Mesmo hai casos nos cales isto fai que estudantes galegofalantes se volvan castelanfalantes, tamén, fóra das aulas.
 
Na campaña Que non te calen lembramos o dereito do estudantado a falar galego nas aulas, entregar traballos e facer exames en galego (algo que, por outra parte, está recollido nos estatutos universitarios) e animamos a todas as estudantes da universidade en xeral e ás de primeiro ano en particular a que empreguen a lingua do noso país en todos os ámbitos, para que teña o lugar digno que lle corresponde na sociedade.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript