Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  POBREZA
 

A metade dos cidadáns do estado só logra subsistir

O aumento dos prezos rexistrou unha freada no último mes para alivio dos petos de moitos cidadáns. A taxa de inflación interanual caeu en setembro ao 0,3%, confirmou o Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que este descenso moito ten que ver coa comparación co mesmo mes do ano pasado cando entrou en vigor a suba do IVE. Os expertos calculan que a inflación podería pechar o ano por debaixo do 1%.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non obstante, os prezos seguen sendo demasiado altos para millóns de familias que só logran cubrir as necesidades básicas. O pasado ano un 48% da poboación só puido afrontar os gastos relacionados con vivenda, comida e produtos básicos, mentres que un 42% seguiu permitíndose vivindo normalmente algún capricho. Só un 10% dos cidadáns do estado gasta abertamente sen preocuparlles a situación económica", conclúe o informe Impacto da inflación no comportamento do consumidor da consultora Nielsen que foi presentado este venres.
 
No resto de Europa, Grecia e Italia presentan datos parecidos aos do estado español. O 51% dos gregos e o 46% dos italianos asegura que os seus ingresos só lles alcanzan para as necesidades básicas, mentres o 41% e o 43% respectivamente admite que aínda lle dá para algún capricho. A media europea é o 52% de persoas que só cobren as súas necesidades básicas e, no outro extremo, un 11% asegura que non sente limitacións á hora de gastar.
 
Neste contexto, calquera aumento de prezos dos alimentos causa efecto nas economías familiares desta metade da poboación que apenas consegue subsistir. O 71% dos fogares do estado afirma que unha suba de prezos nos alimentos mingua o seu presuposto doutras partidas. Para aforrar máis, os cidadáns renuncian primeiro a ceas fóra de casa (66% dos enquisados asegura que esta é a primeira partida que reduce), seguido pola compra de roupa (58%), entretemento (44%), viaxes (43%) e servizos de comunicación (42%).
 
Por outro lado, as partidas nas que os cidadáns do estado están menos dispostos a facer sacrificios son o coidado infantil (2%), a educación (5%), a roupa dos nenos (7%) e o gasto de saúde (8%).
 
A consultora detecta que cada vez máis fogares fan uso de internet e as redes sociais para encontrar ofertas a prezos máis baixos. A metade dos enquisados afirma ademais que fai máis compras pero de cantidades máis pequenas que antes.
 
 
La Marea

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript