Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA – ORZAMENTOS 2014
 

Orzamentos. Articular a resposta

Desde que Feijoo comunicou que vai reflectir nos ornamentos de 2014 novos recortes, as traballadoras e traballadores da Xunta iniciaron unha campaña de mobilizacións, que van dende a recollida de sinaturas ás concentracións que semanalmente realizan, a última efectuouse o pasado día 10 diante de San Caetano, sede do executivo autonómico.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nesta última concentración uns 2.000 traballadores/as fixeron patente o seu rexeitamento ás políticas de recorte que tanto o goberno galego como o estatal están realizando nos servizos públicos e aos empregados públicos.
 
Nas universidades públicas de Galiza non escapamos aos recortes. A taxa de reposición no PAS é cero, ao noso arredor desaparecen postos de traballo e o salario recórtasenos de xeito sistemático.
 
Non podemos mirar para outro lado, xa estamos tardando en poñernos ao carón dos traballadores e traballadoras que se están a mobilizar, temos que unirnos ao movemento reivindicativo. Hai que actuar antes de que os orzamentos se aproben no Parlamento Galego, e incluso antes de que o PP os presente, facéndolle ver que actuar tal e como o anunciou Feijoo terá consecuencias.
 
Como xa vos indicamos por correo electrónico, animámosvos a participar na recollida de sinaturas e entendemos que hai que activar, de novo, as reunións daquela comisión unitaria das tres universidades públicas galegas para poñer en marcha un calendario de mobilizacións
 
Temos que obrigarlle ao goberno galego a cambiar de dirección e iso só o conseguiremos desde a práctica da presión.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript