Número 203- 14 de outubro de 2013
 
 

XUNTA – ORZAMENTOS 2014

Orzamentos. Articular a resposta

    Desde que Feijoo comunicou que vai reflectir nos ornamentos de 2014 novos recortes, as traballadoras e traballadores da Xunta iniciaron unha campaña de mobilizacións, que van dende a recollida de sinaturas ás concentracións que semanalmente realizan, a última efectuouse o pasado día 10 diante de San Caetano, sede do executivo autonómico.

PAS LABORAL

    Diante da falta de información sobre as negociacións realizadas para a elaboración do novo Convenio Colectivo vímonos na obriga de preguntar en reiteradas ocasións nas sesións do Consello de Goberno.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    Conseguimos paralizar os dous lanzamentos previstos para esta semana. No caso Sandra, en Cabanas, o secretario xudicial entregou a notificación pero non puido levar a efecto o desafiuzamento. No caso de Elisabeth muller do barrio do Castrillón, na Coruña, a comitiva xudicial nin sequera puido aproximarse ao portal debido á mobilización cidadá.

LIGA ESTUDANTIL GALEGA

    A Liga Estudantil Galega na Coruña lanza unha campaña para promocionar o uso da lingua galega nas aulas.
     
    Se ben os datos das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela tampouco son alentadores, non podemos ignorar que a Universidade da Coruña é a máis desgaleguizada das tres universidades galegas (apenas o 10% das aulas impártense en galego, malia haber un 30% do PDI galegofalante).

INFLACIÓN

    Segundo o INE, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou en setembro un 0,2% respecto a agosto e recortou 1,2 puntos a súa taxa interanual, ata o 0,3%, polo 'efecto chanzo' da suba do IVE.

A VICEPRESIDENTA MENTIU

    A 'metida de pata' da vicepresidenta ao proporcionar unha cifra incorrecta sobre o número de parados aos que se tería retirado a prestación por cometer fraude obrigou Emprego a revelar os verdadeiros datos.

FAME NO MUNDO

    Os organismos de Nacións Unidas especializados en alimentación indican que unha de cada oito persoas no mundo padece fame crónica. O informe presentado este martes destaca as melloras percibidas en América e Asia oriental, e alerta sobre a situación de África subsahariana, onde o 25 por cento da poboación padece fame.

ITALIA - LOITA ESTUDANTIL

    Italia, que sofre os efectos das políticas capitalistas impostas pola Troika, foi escenario este venres, de enfrontamentos entre a Policía e estudantes que saíron á rúa en todo o país para rexeitar as medidas neoliberais que afectan ao sistema educativo público.

GESTHA

    O colectivo de Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) reclama ao Executivo "máis ambición" para reducir a economía somerxida porque os resultados das actuacións de control no último ano e medio (xaneiro de 2012 a xuño de 2013) supoñen só o 19,3% da evasión anual, o que significa que, no mellor ano da Axencia Tributaria, a "taxa de impunidade fiscal" é do 80,6% e a propensión a defraudar seguirá sendo "moi alta".

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Durante un tempo tivo a súa graza 'Españois no mundo', o popular programa televisivo que mostra as vidas de compatriotas que viven en lugares remotos, a miúdo exóticos.

    
  •   
 
 LOMCE
    A LOMCE, aprobada cos únicos votos do PP o día 10 de outubro no Congreso, nace con data de caducidade, o resto dos grupos parlamentarios anunciaron que, se chegan a gobernar, aprobarán unha nova lei de educación.
 LOITA OBREIRA - T-SOLAR
    Non se pode dicir que as traballadoras e traballadores de T-Solar non levemos ben alta a bandeira da dignidade. Hoxe cúmprense os cen días do noso peche. Cen días de loita contra a destrución da nosa industria. Na defensa dos nosos empregos. Cen días aprendendo e demostrando que a única batalla perdida é a que non se dá.
 ENSINO PÚBLICO
    Os sindicatos da Educación de Baleares remarcaron o pasado venres que a folga indefinida no sector "continua convocada", ao tempo que lamentaron que mentres tanto a mesa de negociación siga "conxelada e en punto morto", decidiron recorrr o Decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL) ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares (TSJIB) e convocan folga o día 24.
 ECONOMÍA
    Na última enquisa do CIS, o 1,1% dos enquisados afirmaba que a situación económica do Estado Español era boa ou moi boa. É moi probable que estes optimistas coincidan cos 402.000 millonarios que existen no país.
 POBREZA
    O aumento dos prezos rexistrou unha freada no último mes para alivio dos petos de moitos cidadáns. A taxa de inflación interanual caeu en setembro ao 0,3%, confirmou o Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que este descenso moito ten que ver coa comparación co mesmo mes do ano pasado cando entrou en vigor a suba do IVE. Os expertos calculan que a inflación podería pechar o ano por debaixo do 1%.
 GRECIA - CRISE
    "Todos temos dereito a unha educación e a unha sanidade pública sen importar o que diga o Fondo Monetario Internacional", expresou un profesor grego. O Goberno de Grecia pretende recortar 25 mil postos de traballo do sector público. Xa algunhas universidades gregas se viron obrigadas a funcionar cun 40 por cento menos do seu persoal.
 SEGURIDADE SOCIAL - PARO
    Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña avalou o dereito dun desempregado de ideoloxía anticapitalista e, polo tanto, contrario ao uso de servizos financeiros, a cobrar o paro en metálico a través de xanela e non mediante ingresos en conta bancaria.
 LINGUA . CIBERIRMANDADE DA FALA
    Relación alfabética coas súas definicións dos insultos máis empregados no idioma galego
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       

         
          A INFANTA PAGOU CON VISA OURO FLORES, COMIDAS E ROUPA INFANTIL

           
            RAJOY DACHE UNHA BOA NOTICIA

             
              Números anteriores
               
              De interese
              O sindicalismo de clase depende de tí
              CALENDARIO LABORAL 2010
              CALENDARIO LABORAL 2011
              CALENDARIO LABORAL 2012
              CALENDARIO LABORAL 2013
              A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
               
              Sácalles a lingua  
               
              CONTRA O PACTO SOCIAL
              O XORNAL - información obreira
              O IMPERIALISMO NON PASARA!!
              NON AS NUCLEARES
              7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

              cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript