Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

A pesar da crise increméntase o número de ricos

Na última enquisa do CIS, o 1,1% dos enquisados afirmaba que a situación económica do Estado Español era boa ou moi boa. É moi probable que estes optimistas coincidan cos 402.000 millonarios que existen no país.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mentres a crise causa efecto no paro e o Estado de benestar, o número de individuos que posúen máis dun millón de euros mesmo subiu en 47.000 persoas entre 2012 e 2013, nada menos que un 13%.
 
O aumento indecente tivo lugar cando a economía estatal atravesa a súa recesión máis longa en medio século, o paro aumentaba a máximos históricos e as Administracións Públicas levaban a cabo duros recortes sen parangón na pseudodemocracia. Non obstante, mentres uns ven recortadas as súas nóminas, outros aumentan os patrimonios e benefícianse dos difíciles momentos económicos actuais.
 
Estes datos forman parte do Global Wealth Report 2013, un informe sobre o patrimonio privado mundial elaborado polos analistas de Crédit Suisse, un banco que gaña o seu diñeiro aumentando a riqueza das grandes fortunas.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript