Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  A VICEPRESIDENTA MENTIU
 

Emprego aclara o "descoido" da vicepresidenta coas cifras da fraude dos parados

A 'metida de pata' da vicepresidenta ao proporcionar unha cifra incorrecta sobre o número de parados aos que se tería retirado a prestación por cometer fraude obrigou Emprego a revelar os verdadeiros datos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo as últimas versións do número, que publican agora os medios máis próximos ao Goberno, si habería 520.000 desempregados aos que se lles retiraron prestacións porque deixaran de ter dereito a percibilas e tamén sería certo que o aforro conseguido grazas a ese movemento que supoñería 3.000 millóns de euros, como dixo a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.
 
O que non é verdade é que todos estes parados que quedaron sen subsidio estivesen a cometer fraude, é dicir cobrando mentres traballaban en negro, como suxeriu a vicepresidenta. De feito, nesta categoría só sería posible incluír 60.000 persoas nos últimos seis meses. Ou iso é o que dixeron as fontes do Ministerio de Emprego, consultadas por 'El País'.
 
Entón, de onde saen os 460.000 restantes? Segundo explicaron os voceiros oficiais de Báñez a 'ABC', trataríase de persoas que non tiñan dereito á prestación por incumprimento dos requisitos establecidos ou por falta de dispoñibilidade para o emprego. Así, nas cifras anunciadas por Sáenz de Santamaría incluiríase, por exemplo a receptores destas axudas que tiveron que saír ao estranxeiro para buscar traballo.
 
Noutros casos trataríase de suspensións temporais que se contabilizaron en máis de medio millón de persoas ao que se referiu a vicepresidenta do Goberno.
 
Segundo apunta 'El País', a este grupo pertencerían a maioría das persoas ás que se lles retirou as axudas. A limpeza de prestacións pagadas indebidamente precedería na súa maioría, segundo este medio, de 'problemas administrativos' recoñecidos por Emprego. Por exemplo, pola falta de 'algún papel' e outros incumprimentos relacionados con trámites burocráticos.
 
Desta forma, os 520.000 casos anunciados por Soraya corresponderían na súa maioría a problemas leves relacionados con papaleo ou coa falta de asistencia a unha cita previa, cousas que nada teñen que ver coa fraude.
 
elboletin.com

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript